Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.347

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000246/02 IN, interposto por Frigoríficos del Noroeste, S.A. e Francisco Borja Otero Zulueta de Reales.

A Consellería de Medio Ambiente recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sección primeira, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000246/02 IN, interposto por Frigoríficos del Noroeste, S.A. e Francisco Borja Otero Zulueta de Reales, contra a resolución da Subdirección Xeral de MAN, Caza e Pesca Fluvial, do 12 de xullo de 2001, sobre actuacións do Plan de ordenación de recursos naturais das illas atlánticas.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2002.

Francisco García-Bobadilla Prósper

Director xeral de Conservación da Natureza