Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.343

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 1 de abril de 2002 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en réxime de oferta concertada durante a campaña de verán de 2002.

As instalacións xuvenís son un instrumento ó servicio dos mozos, e a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude é consciente da precariedade e insuficiencia de medios e instalacións axeitadas de que dispoñen as asociacións xuvenís e demais entidades públicas e privadas que realizan actividades coa infancia e a xuventude. En consecuencia, co obxecto de facilita-lo uso de instalacións axeitadas a estas entidades para a realización de actividades xuvenís no ámbito do lecer durante o verán deste ano, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude pon á disposición destas e regula, a través desta orde e baixo a denominación de oferta concertada, o réxime de utilización das súas instalacións xuvenís durante a campaña verán-2002, que abrangue o período do 10 de xuño ó 30 de setembro.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude convoca a presente oferta de uso das súas instalacións xuvenís para a campaña de verán do ano que corre -que comprende do 10

de xuño ó 30 de setembro-, nos termos que se establecen nesta orde e de acordo coa distribución de prazas que se recolle no anexo I.

Artigo 2º.-Servicios ofertados.

O uso das instalacións ofertadas suporá dispoñer:

-Dos servicios de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa.

-Do material (excepto o correspondente ás actividades específicas), que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas.

-Xerencia e persoal de servicio.

Artigo 3º.-Destinatarios.

Poderán solicita-lo uso das instalacións de referencia:

1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servicios á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.

2. O Consello da Xuventude de Galicia e os consellos locais e municipais de xuventude.

3. Corporacións locais.

4. Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa infancia e a xuventude.

Artigo 4º.-Solicitude.

As solicitudes, subscritas por persoa suficientemente acreditada, presentaranse conforme o modelo normalizado recollido no anexo II desta orde, no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos rexistros das súas delegacións provinciais ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

O prazo de presesentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 5º.-Criterios de adxudicación.

1. Para a adxudicación do uso das instalacións ofertadas establécese a seguinte orde de preferencia:

1) Asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servicios á xuventude e escolas de tempo libre domiciliadas na Comunidade Autónoma galega, e censadas ou rexistradas no correspondente censo ou rexistro dependente da Dirección Xeral de Xuventude.

2) Consello da Xuventude de Galicia.

3) Corporacións locais.

4) Asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servicios á xuventude e escolas de tempo libre domiciliadas noutras comunidades autónomas.

5) Outras entidades públicas ou privadas que o soliciten con fins asistenciais.

2. Pola súa banda, dentro do previsto no parágrafo anterior, terán prioridade:

a) As que soliciten un maior número de prazas ata o tope máximo de cada instalación fixado no citado anexo I.

b) As solicitudes das entidades que cubran as prazas por convocatoria aberta e non reservadas exclusivamente ós seus membros ou asociados.

c) As entidades domiciliadas na Comunidade Autónoma galega.

d) As entidades que soliciten instalacións das que non gozaron nos dous últimos anos.

e) As que subvencionen o total ou parte da cota que teñen que paga-los participantes.

3. Sen prexuízo do disposto nos números 1 e 2 deste artigo, as entidades que en anos anteriores non fixeron uso das instalacións unha vez adxudicadas, sen presentar causa xustificada no seu momento, pasarán a ocupa-lo último lugar dentro dos criterios de prioridade descritos nos puntos anteriores.

Artigo 6º.-Resolución.

As solicitudes presentadas serán examinadas por unha comisión de valoración constituída para o efecto, e que estará integrada por:

-O subdirector xeral de Promoción e Actividades, que será o seu presidente.

-Os catro delegados provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou o funcionario en quen deleguen.

-Un representante do Consello da Xuventude de Galicia.

-Un funcionario da Dirección Xeral de Xuventude designado pola directora xeral, que actuará como secretario.

Esta comisión, valoradas as solicitudes conforme os criterios establecidos no artigo 5º desta orde, elevará proposta de resolución á directora xeral de Xuventude, que deberá dicta-la correspondente resolución de adxudicación provisional nun prazo de 10 días.

A resolución seralles notificada a tódolos solicitantes no prazo máximo de catro meses, contados desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que recaia resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente. A dita resolución non esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude no plazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación da resolución, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A antedita resolución publicarase nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Xuventude e das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Artigo 7º.-Reserva de prazas e primeiro pagamento.

1. Recibida a resolución de adxudicación provisional, os beneficiarios están obrigados, no prazo de 10 días:

-A ingresar, en concepto de reserva de prazas, o 15% do importe correspondente ás prazas adxudicadas. A dita cantidade non será reintegrable en caso de que decaese a adxudicación realizada por incumprimento das obrigas expresadas neste artigo, se a entidade adxudicataria anulase a reserva de utilización da instalación, reducise o número de usuarios previstos ou os días de uso solicitado.

-A presentar, no Servicio de Xuventude da delegación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego,Muller e Xuventude da provincia na que estea a instalación adxudicada, a seguinte documentación:

a) Breve proxecto das actividades que se van realizar.

b) Acreditación da persoa que subscribiu a solicitude como representante da entidade solicitante.

c) Xustificante do aboamento do 15% expresado anteriormente.

2. Se transcorrido o prazo de 10 días desde a notificación da adxudicación non se cumprisen os requisitos anteriores, declararase expresamente, a través da oportuna resolución, a desestencia da solicitude efectuada, ofertándose as prazas ó seguinte solicitante proposto pola comisión de valoración. En caso de non cubrirse as prazas desta forma, a delegación provincial correspondente reservarallas a quen as demande.

Artigo 8º.-Autorización de uso temporal.

1. Transcorridos 15 días desde a finalización do prazo establecido no artigo anterior, a entidade beneficiaria deberá formaliza-lo documento de aceptación das condicións particulares de uso da instalación e aboa-lo 40% do importe correspondente ás prazas que confirme. A dita cantidade ou a parte proporcional non será reintegrable se o número de usuarios ó inicio da actividade é menor ó confirmado.

O documento de aceptación das condicións particulares de uso e o xustificante do segundo ingreso presentaranse no Servicio de Xuventude da delegación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da provincia na que estea a instalación adxudicada.

Así mesmo, presentarán a relación dos responsables que dirixan a actividade e a acreditación das titulacións esixidas en materia de tempo libre, tendo

en conta o disposto no artigo 47 do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude (DOG nº 49, do 10 de marzo).

Cumpridas as condicións anteriores, a delegación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude correspondente facilitaralle á entidade beneficiaria o documento de autorización de uso temporal da instalación.

2. A entidade beneficiaria deberá aboar, 20 días antes da data de incorporación á instalación adxudicada, o 45% do importe correspondente ás prazas confirmadas co segundo pagamento, de acordo co disposto no parágrafo primeiro deste artigo. A dita cantidade non será reintegrable se o número de usuarios ó inicio da actividade é menor que o confirmado.

A entidade beneficiaria deberá leva-lo xustificante deste terceiro ingreso no momento da incorporación á instalación adxudicada.

Se transcorridos os diferentes prazos establecidos nos parágrafos primeiro e segundo deste artigo non se fixesen os pagamentos correspondentes polas entidades beneficiarias, procederase de acordo co disposto no parágrafo segundo do artigo 7º desta orde.

Artigo 9º.-Obrigas dos beneficiarios.

Os adxudicatarios estarán obrigados:

1. A cumpri-los requisitos que esixe a lexislación vixente, a observa-las normas de réxime interior da instalación e as indicacións da persoa responsable desta no referente a aqueles aspectos non recollidos, expresamente, nas citadas normas.

2. A responder dos actos que se realicen nas instalacións concedidas e das consecuencias que deles se deriven, así como de toda responsabilidade civil derivada de calquera acto.

3. A aboa-lo importe dos desperfectos que produzan no material e nos equipamentos da instalación durante o período de uso desta.

Artigo 10º

Os prezos dos servicios ofertados nesta orde aparecen recollidos na letra A.1 do anexo I da Orde do 20 de decembro de 2001, pola que se fixan as tarifas e prezos en servicios de xuventude nas instalacións xuvenís para o ano 2002 (DOG nº 251, do 31 de decembro).

O aboamento dos diferentes pagamentos regulados nesta orde efectuarase utilizando os impresos destinados para o efecto, que se encontran á disposición dos interesados na Dirección Xeral de Xuventude ou en calquera delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral de Xuventude para dicta-las disposicións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2002.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

ANEXO I

ProvinciaInstalación xuvenilDataNº prazas ofertadasTotal de prazas

Albergue xuvenil Marina Española-Bergondo10/20-6-2002100

Albergue xuvenil Gandarío-Bergondo1/15-9-200250

16/30-9-2002200

A CoruñaCampamento xuvenil Furelos-Melide16/30-8-200260660

Campamento xuvenil Epiñeira-Boiro17-31/8/02100

Campamento xuvenil Virxe de Loreto-Porto do Son1/15-8-200250

17/31-8-2002100

Albergue xuvenil Benigno Quiroga-Portomarín17/31-8-200260

Residencia xuvenil Irmáns Pedrosa-Lugo17/31-8-200250

Lugo16/30-7-2002150760

Campamento xuvenil A Devesa-Ribadeo1/15-8-2002250

17/31-8-2002250

OurenseResidencia xuvenil F. López Cuevillas-Ourense17/30-9-200265165

Campamento xuvenil Penedos de Xacinto-Entrimo17/31-8-2002100

Residencia xuvenil Altamar-Vigo1/15-7-200230

PontevedraCampamento xuvenil Pontemaril-Forcarei17/31-8-2002180310

Campamento xuvenil Illa de Ons-Bueu17/31-8-2002100

1.895