Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.342

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 35/2002, interposto por Mª del Carmen Bolardo Rodríguez, Mª Eugenia López Gaiteiro, Manuela Caamaño Rodríguez e Xaquín Charlín González.

Recibida providencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 35/2002, interposto por Mª del Carmen Bolardo Rodríguez, Mª Eugenia López Gaiteiro, Manuela Caamaño Rodríguez e Xaquín Charlín González, contra a resolución do 19 de decembro de 2001 da

Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza, concretamente contra a oferta de dúas prazas de oficiais no xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 1 de Cambados por considerar que non se atopan vacantes senón desertas e polo tanto deben ser ofertadas a funcionarios de novo ingreso;

Esta dirección xeral acordou remiti-lo expediente administrativo e notificar, para un xeral coñecemento, a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer como parte ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra no prazo de nove días, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contenciosa-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2002.

Juan José Martín Alvarez

Director xeral de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE