Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.340

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Promotora Industrial Sadense, S.A. (Proinsa), para o ano 2001.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Promotora Industrial Sadense,

S.A. (Proinsa) para o ano 2001, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-2-2002, subscrito en representación da parte económica polo representante da empresa Proinsa, e, da parte social polo delegado de persoal da empresa o día 18-1-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de febreiro de 2002.

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)

Ana Lado Eiríz

Secretaria provincial da Coruña

Acta da reunión para a revisión do convenio colectivo Promotora Industrial Sadense, S.A. (Proinsa) (código 1503771).

En Sada o 18 de xaneiro de 2002, ás 11 horas, reúnense no domicilio social da empresa María Dolores Fernández Vázquez, maior de idade, con DNI nº 32752367, como representante da empresa Promotora Industrial Sadense, S.A. (Proinsa), con CIF A-15013667 e domicilio social na avda. do Porto, nº 38, 15160 Sada, A Coruña e Miguel Ángel Gómez Fernández, maior de idade, con DNI nº 10900102 como delegado de persoal dos traballadores.

Despois dun breve debate chégase ós seguintes acordos:

1. Aplica-la revisión salarial establecida no artigo 4 do convenio que consiste en axusta-los conceptos ó IPC real do ano 2001. Isto supón un incremento do 0,7%, resultante da diferencia do IPC real, 2,7% co previsto, que era do 2% e con efectos a partir do 1 de xaneiro de 2001.

Incorpórase a esta acta unha táboa que reflicte as variacións que se van aplicar.

2. Proseguir coa negociación do convenio colectivo aplicable para o ano 2002.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a reunión ás 12 horas, asinando os presentes en proba de conformidade.

Mª Dolores Fernández Vázquez

Proinsa

Miguel Ángel Gómez Fernández

Delegado de persoal

Revisión salarial correspondente ó ano 2001 de Proinsa

Retribucións en pesetas.

CategoríaAntigo (IPC previsto 2001)Novo (IPC real ano 2001)

Salario/mesSalario/anoSalario/mesSalario/ano

Peón91.8001.285.20092.4301.294.020

Oficial 2ª102.0001.428.000102.7001.437.800

Oficial 1ª117.3001.642.200118.1051.653.470

Conductor117.3001.642.200118.1051.653.470

Biólogo117.3001.642.200118.1051.653.470

Técnico126.4801.770.720127.3481.782.872

Técnico superior142.8001.999.200143.7802.012.920

Xefe de equipo180.5402.527.560181.7792.544.906

Retribucións en euros.

CategoríaAntigo (IPC previsto 2001)Novo (IPC real ano 2001)

Salario/mesSalario/anoSalario/mesSalario/ano

Peón551,737.724,21555,527.777,22

Oficial 2ª613,038.582,42617,248.641,35

Oficial 1ª704,999.869,82709,839.937,55

Conductor704,999.869,82709,839.937,55

Biólogo704,999.869,82709,839.937,55

Técnico760,1610.642,24765,3810.715,28

Técnico superior858,2512.015,43864,1412.097,89

Xefe de equipo1.085,0715.190,941.092,5115.295,19