Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.334

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo número 03/0007502/2002 e.m. interposto pola Asociación de Veterinarios de Saneamento de Galicia (Avesga).

A Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 03/0007502/2002 e.m. interposto pola Asociación de Veterinarios de Saneamento de Galicia (Avesga) contra a Resolución do 26 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Producción e Sanidade

Agropecuaria, pola que se modifica a do 30 de xullo de 2001 e se dictan novas normas de validez de acreditacións sanitarias de campaña de saneamento gandeiro (DOG nº 251, do 31 de decembro de 2001).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2002.

Miguel Fernández Rodríguez

Director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria