Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 57/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas pola Orde do

21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

2. Obxecto do contrato: expediente nº 57/2001.

a) Tipo de contrato: subministración sucesiva.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de pan e derivados.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 160, do 20 de agosto de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 22.093.820 pesetas (132.786,53 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 16-10-2001.

b) Contratista: A Fogaza, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación:

LotePrezo unitarioImporte adxudicado

1.154 pesetas, 0,32 euros189.000 pesetas, 1.120 euros

1.211,08 pesetas, 0,07 euros19.700.240 pesetas, 124.460 euros

1.38,15 pesetas, 0,05 euros1.574.580 pesetas, 9.660 euros

1.4450 pesetas, 2,70 euros630.000 pesetas, 3.780 euros

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase esta resolución, que pon fin á vía administrativa, e pode ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2002.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela