Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 21/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

2. Obxecto do contrato: expediente nº 21/2001.

a) Tipo de contrato: subministración sucesiva.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de material de imprenta e consumibles de informática.

c) Lotes: 23.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 106, do 1 de xuño de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 37.725.700 pesetas (226.736,02 euros).

5. Adxudicación.

LoteDataContratistaNacionalidadeImporte da adxudicación

16-9-2001Carmelo Fernández IrazabalEspañola402.800 pesetas

26-9-2001Carmelo Fernández IrazabalEspañola4.413.500 pesetas

36-9-2001Carmelo Fernández IrazabalEspañola754.000 pesetas

46-9-2001Carrodeguas Estraviz, S.L.Española866.250 pesetas

56-9-2001Carrodeguas Estraviz, S.L.Española675.000 pesetas

66-9-2001Carrodeguas Estraviz, S.L.Española585.000 pesetas

76-9-2001Carrodeguas Estraviz, S.L.Española471.000 pesetas

86-9-2001Carmelo Fernández IrazabalEspañola399.300 pesetas

96-9-2001Carrodeguas Estraviz, S.L.Española484.375 pesetas

106-9-2001Grafisant, S.L.Española2.127.900 pesetas

116-9-2001Formularios Noroeste, S.L.Española1.215.000 pesetas

126-9-2001Formularios Noroeste, S.L.Española792.000 pesetas

136-9-2001Carrodeguas Estraviz, S.L.Española682.950 pesetas

146-9-2001Formularios Noroeste, S.L.Española440.000 pesetas

156-9-2001Royal Ofy, S.L.Española3.589.200 pesetas

166-9-2001Xerox Supplies, S.A.U.Española1.869.000 pesetas

176-9-2001DesertoEspañola

186-9-2001Carmelo Fernández IrazabalEspañola1.828.800 pesetas

196-9-2001Xerox Supplies, S.A.U.Española990.730 pesetas

20Deserto

216-9-2001Xerox Supplies, S.A.U.Española757.265 pesetas

226-9-2001Xerox Supplies, S.A.U.Española485.898 pesetas

236-9-2001Royal Ofy, S.L.Española441.000 pesetas

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase esta resolución, que pon fin á vía administrativa, e pode ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2002.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela