Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2002 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación ordinaria, para a contratación dunha consultoría e asistencia.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 640.1/3.2.4/01.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: realización do traballo de campo e gravación da enquisa das macromagnitudes da pesca, 1999-2000/2000-2001.

3. Prazo de execución: cinco meses, contados a partir da formalización do contrato.

4. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

5. Orzamento base de licitación: 20.547 euros.

6. Garantía provisional: 410,94 euros.

7. Admisión de variantes: non se admiten.

8. Obtención de documentación e información: poderán retirala no Negociado de rexistro do IGE, Complexo Administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela CP 15703. Teléfono 981 54 13 21 e fax 98 154 13 23.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet, no seguinte enderezo: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=969.

9. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación : non se esixe.

Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro do IGE, das 9 ás 14 horas ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

No caso de que as proposicións se envíen por correo, haberá que aterse ó disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

11. Apertura de ofertas económicas: o sexto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2002.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística