Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social 881/2001.

Ó non ser atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, infórmase de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), e advírteselles que, de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Expediente nº: 881/2001.

Acta nº: 1153/2001.

Titular: Mabojema, S.L.

NIF/DNI: B-15275761.

Enderezo: r/ Rioja, 20 baixo, A Coruña.

Materia: traballo.

Data de resolución: 8-3-2002.

Sanción: 300,51 A.

A Coruña, 13 de marzo de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña