Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 4 de marzo de 2002, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores. (PESAN1 2001/000178-2 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (Diario Oficial de Galicia nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Lugo en Celeiro-Viveiro, avda. Ramón Canosa, s/n, 27863.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000178-2.

Denunciado: Fernando Casas Díaz.

DNI: 32657469-E.

Enderezo: Crónicas, nº 3-2º, Cedeira (A Coruña).

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 6.010,12 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000234-2.

Denunciado: Gabriel Páramo Sánchez.

DNI: 02885812-W.

Enderezo: Santa Teresa de Jesús, 34, Villanueva de la Cañada (Madrid).

Precepto infrinxido: 5.1º, 6.7º.

Sanción: 180,31 euros.

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación ou do contrario procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita delegación territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos o documento de ingreso correspondente.

Celeiro, 4 de marzo de 2002.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS