Visto o expediente instruído para efectos de transmisión das bateas Escollera B-2, Escollera B-3, Escollera B-5, Escollera B-7, Gaboteira A-2 e Gaboteira A-5, e das concesións administrativas que as amparan, resulta:
A) Antecendentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito do 9-5-2001, Joaquín Bonet Iglesias e Antonio Piñeiro Costas solicitan autorización para transmisión das concesións das bateas citadas anteriormente.
Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características das bateas e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación dos expedientes son favorables.
B) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo servicio de recursos mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do
réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte
RESOLUCIÓN:
Autoriza-la transmisión inter vivos a favor de Promotora Industrial Sadense, S.A. (CIF: A-15013667), das concesións administrativas dos viveiros que se indican a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Escollera B-2.
Situación:
Cuadrícula nº: 60, polígono 1.
Distrito: Sada (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 25-5-1955 (BOE-DOG nº 168).
Remate da vixencia: 17-6-2005.
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Escollera B-3.
Situación:
Cuadrícula nº: 72, polígono: 1.
Distrito: Sada (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 25-5-1955 (BOE--DOG nº 168).
Remate da vixencia: 17-6-2005.
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Escollera B-5.
Situación:
Cuadrícula nº: 81, polígono: 1.
Distrito: Sada (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 25-5-1955 (BOE-DOG nº 168).
Remate da vixencia: 17-6-2005.
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Escollera B-7.
Situación:
Cuadrícula nº: 82, polígono: 1.
Distrito: Sada (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 25-5-1955 (BOE-DOG nº 168, do 17 de xuño).
Remate da vixencia: 17-6-2005.
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Gaboteira A-2.
Situación:
Cuadrícula nº: 33, polígono: 1.
Distrito: Sada (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 25-5-1955 (BOE-DOG nº 164).
Remate da vixencia: 17-6-2005.
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Gaboteira A-5.
Situación:
Cuadrícula nº: 71, polígono: 1.
Distrito: Sada (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 25-5-1955 (BOE-DOG nº 164).
Remate da vixencia: 17-6-2005.
Actuais titulares: Joaquín Bonet Iglesias (DNI: 35889827-Y) e María Olvido Magdaleno (DNI: 35882723); Antonio Piñeiro Costas (35273727-F) e Amalia Otero Gutiérrez (DNI: 78731815).
Novo titular: Promotora Industrial Sadense, S.A. (CIF: A-15013667).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segundo.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen achega-la documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
A Coruña, 27 de febreiro de 2002.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)
María José Cancelo Baquero
Delegada territorial da Coruña