Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2002 sobre concesión do título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista a Urbana Iniciativas Empresariales, R.H., con casa central na rúa Perito Basilio, número 2, baixo, A Coruña.

Examinado o expediente instruído por instancia de Ramiro Hermo Caamaño, na súa calidade de titular da axencia de viaxes Urbana Iniciativas Empresariales, R.H., en solicitude de concesión do oportuno título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista.

Resultando que coa referida solicitude se achegou toda a documentación que se indica no artigo 6 do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.

Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, para a obtención do título-licencia de axencias de viaxes do grupo retallista.

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, a Dirección Xeral de Turismo,

RESOLVE:

Concederlle título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista con XG-205 a Urbana Iniciativas Empresariales, R.H., con casa central na rúa Perito Basilio, número 2, baixo, Noia (A Coruña), da que é titular Ramiro Hermo Caamaño, que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde

o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2002.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo