Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o outorgamento do permiso de investigación denominado Gateira, 2941.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que, por Resolución do 11 de xaneiro de 2002, se outorgou a Ramiro Faro Boente e Juan Francisco Janeiro Rivas o permiso de investigación denominado Gateira nº 2941, de catro cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Mondariz, da provincia de Pontevedra; as súas coordenadas xeográficas son as seguintes:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 27' 20''42º 17' 00''

28º 26' 40''42º 17' 00''

38º 26' 40''42º 16' 20''

48º 27' 20''42º 16' 20''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 28 de febreiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO