Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado ampliación Álabe-Soán. (Expediente 064-EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Acciona Eólica de Galicia, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en parque empresarial La Moraleja, avda. de Europa nº 18; 28108 Alcobendas (Madrid), sobre autorización de instalacións do parque eólico denominado ampliación Álabe-Soán; resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-O 4 de outubro de 2000, Juan Antonio Alonso Comerma, en nome e representación de Acciona Eólica de Galicia, S.A., solicitou a autorización administrativa e aprobación de proxecto de execu

ción e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado ampliación Álabe-Soán, de 21,75 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto, na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o

aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-O proxecto do parque eólico ampliación Álabe-Soán someteuse a información pública para os efectos previstos nos artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; Decreto 2169/1966, do 20 de outubro, Decreto 2617/1966, xa mencionado, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia; e o Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial de Industria de Lugo do 3 de marzo de 2001, publicado no diario El Progreso do 25 de abril, BOP de Lugo do 1 de febreiro, DOG de 10 de maio, diario La Voz de Galicia do 25 de abril, Boletín Oficial del Estado do 25 de abril de 2001 e no taboleiro de anuncios dos concellos de Muras e O Valadouro.

Durante o período de información pública Rafael Casabella Castro, presidente da comunidade de Montes Veciñais e en Man Común do Cadramón, presentou alegación indicando que os terreos afectados polo parque no termo municipal do Valadouro pertencen á citada comunidade de montes e solicitando que se despracen os aeroxeradores S-924 e S-925 polas molestias que ocasionará o ruído das citadas maquinas ás vivendas próximas.

Terceiro.-O 23 de agosto de 2001 o promotor presenta escrito na Delegación Provincial de Industria de Lugo no que solicita a modificación do proxecto do citado parque eólico, reformando o sistema de recollida de enerxía eléctrica en media tensión, eliminando os centros de media tensión e reducindo as afeccións ás propiedades nas que se asentaban.

Cuarto.-O 8 de outubro de 2001, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo emitiu informe favorable sobre o citado

proxecto e a modificación parcial del coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

XY

AmpliaciónMuras e o Valadouro0.618.395,004.816.730,00

Álabe-Soán(Lugo)0.619.140,004.816.450,00

0.619.000,004.815.843,00

0.616.300,004.816.700,00

0.615.528,004.817.509,00

0.615.914,004.818.064,00

0.616.100,004.817.900,00

0.616.600,004.818.900,00

0.617.750,004.817.035,00

0.617.925,004.817.775,00

0.618.775,004.817.640,00

0.618.885,004.817.245,00

Nº de aeroxeradores: 29.

Potencia unitaria por aeroxerador: 750 kW.

Xeradores: NEG-MICON NM750/44 e NM750/48.

Potencia total instalada: 21,75 MW.

Producción anual estimada: 66.212 MWh/ano.

Investimento previsto: 17.548.651,25 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-29 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recollida de media tensión.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recollida de media tensión e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico ampliación Álabe-Soán, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25 MVA ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionadores, manobra, medida e protección.

Quinto.-O 22 de xaneiro de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu formula-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico, na cal se fixan as posicións de 23 aeroxeradores quedando a posición dos aeroxeradores S-908 ó S-913 pendentes de posterior informe para efectos de posible recolocación.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citado.

Segundo.-Á vista da alegación presentada, da contestación dada a ela por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, cabe dicir que: en relación á titularidade dos terreos, a empresa beneficiaria tomará razón destas e procederase a tramita-lo expediente de expropiación forzosa co alegante. Non obstante, será durante a fase do levantamento de actas previas á ocupación, acto que lle será convenientemente notificado, cando deberá presenta-la documentación acreditativa da citada titularidade. En canto á distancia mínima dos aeroxeradores a vivendas ou núcleos de poboación, hai que dicir á que non esta regulada pola lei, sen embargo si está regulado o nivel de ruído admisible no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, que foi previsto no punto 2.2 da declaración de impacto ambiental do citado parque.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966 e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizar a Acciona Eólica de Galicia, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado ampliación Álabe-Soán, para situar nos concellos de Muras e O Valadouro.

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

-Recoñecer a esa instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998 e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Acciona Eólica de Galicia, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 350.973,03 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A citada fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 17.548.651,25 euros.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa desta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Acciona Eólica de Galicia, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de impacto ambiental do 22 de xaneiro de 2002, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia. O inicio das obras queda condicionado ó informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental relativo á recolocación das máquinas S-908 á S-913.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento

das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas