Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/366).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., CastroFreixeiro.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV de 600 m de lonxitude e conductor LA-56, coa orixe na L.M.T.A. Suevos-Portochán, no apoio nº 20 e final na estrada de Castro-Freixeiro de 100 kVA e ensamblaxe a baixa tensión. Concello de Santa Comba.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

O afectado do predio nº 7 alega que Unión Fenosa Distribución, S.A., lle comunica a nova instalación por teléfono, pero que esta non está situada no mesmo lugar que a existente. Que a nova lle inutiliza por completo o seu predio. Non se pón ó paso do tendido sempre que se sitúe nun dos extremos do predio.

A empresa peticionaria indica que o proxecto se axusta na súa maior parte ó trazado actual da liña de baixa tensión. En canto a que o predio queda inutilizable fai referencia ó art. 162 do R.D. 1955/2000, do 1 de decembro.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto de execución e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 18 de febreiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña