Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.297

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (765/2000).

Eu, Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal 765/2000, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de Estefanía Barral Eiriz, contra Campos y Del Moral, S.L., en reclamación de cantidade, se dictou, con data do vintenove de novembro de dous mil un, sentencia, cunha decisión do teor literal seguinte:

«Que debo estima-la demanda promovida por Estefanía Barral Eiriz contra a empresa Campos y Del Moral S.L., condenando á demandada a lle aboar ó demandante a suma de cento setenta mil oitocentas setenta e oito pesetas (170.878 pesetas), máis o xuro de demora do 10 % previsto no artigo 29.3 da ET, todo iso sen prexuízo das responsabilidades que se lle poidan esixir ó Fondo de Garantía Salarial no caso de declararse a insolvencia da empresa demandada».

E para que lle sirva de notificación de sentencia a Campos y Del Moral, S.L., con domicilio na avda. de Lugo nº 29-3º, Monterroso, Lugo, hoxe en paradoiro descoñecido, e facéndolle saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días.

E así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia a martes en Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA