Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.296

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (699/2000).

Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 699/2000, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de Herminio García García, contra Soluciones Constructivas Galegas, S.L., en reclamación de cantidade, se dictou, con data do 28 de novembro de 2001, sentencia cunha decisión do teor literal seguinte:

«Que debo estima-la demanda promovida por Herminio García García contra a empresa Soluciones Constructivas Galegas, S.L., condenando a dita demandada a lle aboar ó demandante a suma de cento once mil seiscentas oitenta e dúas pesetas (111.682 ptas.), mais o 10 % do xuro de demora previsto no artigo 29.3º do ET, todo iso sen prexuízo das responsabilidades que se lle poidan esixir ó Fondo de Garantía Salarial en caso de declararse a insolvencia da empresa demandada».

E para que lle sirva de notificación de sentencia a Soluciones Constructivas Galegas, S.L., con domicilio na avda. Castelao, 34, Santiago de Compostela, hoxe en paradoiro descoñecido, facéndolle saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado por escrito ou por comparecencia no termo de cinco días, e con expresa advertencia de que, de se-lo recorrente a empresa demandada, deberá exhibir perante este Xulgado do Social número dous, de identificación: 1596, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, oficina 5947, sita na rúa da Senra, número 3 desta cidade, a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 65), podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista e acreditar tamén ter depositada na indicada conta (clave de ingreso 65) a cantidade de 25.000 pesetas, preceptiva legalmente para

recorrer. Sen estes requisitos non se terá por anunciado o recurso.

E así mesmo, para que conste para efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino

esta cédula de notificación de sentencia, en Santiago de Compostela o 26 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado