Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.296

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (313/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 313/2001, por instancia de Mutual Cyclops contra José Ramón Vigo Barca e outros sobre accidente de traballo, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, 26 de febreiro de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 313/2001, seguidos por instancia de Mutual Cyclops, representada e asistida pola letrada Blanca Fernández-Chao González-Dopeso, contra José Ramón Vigo Barca, que non compareceu en autos; a empresa Soumi Construcciones, S.L., que non compareceu en autos; o INSS, representado e asistido pola letrada Cristina López Cancio; e a TXSS, que non compareceu en autos, sendo o obxecto da reclamación, accidente de traballo.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a demanda interposta por Mutual Cyclops Mutua de Accidentes de Traballo, debo declarar e declaro a responsabilidade directa da empresa Soumi Construcciones, S.L. no aboamento das correspondentes prestacións de IT e gastos médico-farmaceúticos que a demandante lle aboou a José Ramón Vigo Barca, condenando a tódolos codemandados a estar e pasar por tal declaración e condenando a empresa ó aboamento á mutua demandante de 5.130,75 euros (853.685 pesetas) e ó INSS e á TXSS de forma subsidiaria no caso de insolvencia da empresa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncio, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa Soumi Construcciones, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 26 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado