Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.295

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (21/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

Nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o nº 21/2001 contra Laura Martín Fernández sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«A Coruña, 24 de maio de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo nº 21/2001 seguidos por instancia de Concepción Castro Souto, maior de idade, asistida polo letrado Antonio Pousa Merens, contra Laura Martín Fernández, que non compareceu, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Concepción Castro Souto contra a empresa Laura Martín Fernández, condenando a demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 1.955,21 euros (347.912 pesetas) polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 150,25 euros (25.000 pesetas) na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Laura Martín Fernández mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 26 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado