Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.295

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (753/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña,

Fago saber: que nos autos nº 753/2001 seguidos por instancia de María Pilar Ageitos Santos contra Ageinsanza, S.L. e outros sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonio Rey Eibe, dictou sentencia, na data 27-11-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por María Pilar Ageitos Santos, contra a empresa Ageinsanza, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento, condenando a dita demandada a que, no prazo de cinco días, opte pola readmisión da demandante no seu posto de traballo ou a indemnice na suma de 147.600 pesetas, máis os salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación da presente resolución a razón de 1.800 pesetas diarias.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contado desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco de Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para lle sirva de notificación a Ageinsanza, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido na Dársena de Oza, 34, 15006 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 27 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado