Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.294

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (522/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña,

Fago saber: que nos autos 522/2001 seguidos por instancia de Antonio Prada Varela contra Exclusivas Rodríguez Carro, S.L., e outro sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 14-1-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda interposta por Antonio Prada Varela, contra a empresa Exclusivas Rodríguez Carro, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento o demandante da suma de 2.087,2 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados

desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para lle sirva de notificación a Exclusivas Rodríguez Carro, S.L., e José Ramón Galán Rodríguez, que tivo o seu último enderezo coñecido en pol. Espírito Santo, rúa Fleming 2, nave 67 A, Cambre, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 27 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado