Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.294

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (94/2001).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 94/2001 nos que recaeu sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2002.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os autos de xuízo verbal de faltas nº 94/2001, seguidos neste xulgado sobre lesións en accidente de tráfico, nos que son partes, como denunciante Digna Fernández Blanco, como denunciados José González Iglesias e Manuel García Troitiño e, como responsables civís directas as aseguradoras AIG-Europa, representada pola procuradora Sánchez Silva e Mapfre, representada polo procurador Gómez Martín.

Decido que debo condenar e condeno a José González Iglesias como autor dunha falta de lesións por imprudencia leve, á pena de multa dun mes, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de seis euros, e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. En concepto de responsabilidade civil, coa responsabilidade civil directa e solidaria da aseguradora Mapfre, deberá indemnizar a Digna Fernández Blanco na cantidade de trinta e cinco mil catrocentos dezasete euros e setenta e seis céntimos (35.417,76 euros), cantidade que devengará o xuro previsto no artigo 20 da Lei de contrato de seguro.

Absolvo a Manuel García Troitiño da falta pola que foi denunciado. Non procede declara-la responsabilidade civil de AIG-Europe.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación a Manuel García Troitiño, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación, no Diario Oficial de Galicia, expido esta cédula en Santiago de Compostela o 26 de febreiro de 2002.

A secretaria

Rubricado