Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2002 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do contrato correspondente ó servicio da rede corporativa de voz e datos da Xunta de Galicia.

Por resolución do secretario xeral, actuando no nome do conselleiro da Presidencia e Administración

Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 22 de febreiro de 1999, resolveu adxudica-lo seguinte contrato:

-Contratación do servicio da rede corporativa de voz e datos da Xunta de Galicia, convocado mediante concurso público por procedemento aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de outubro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 199, do 15 de outubro de 2001.

Adxudicatarios: adxudícase o concurso de acordo cos lotes que a continuación se relacionan:

Lote nº 1: rede corporativa multiservicio (datos).

Adxudicatario: Telefónica de España, S.A.U., por importe de 5.587.754,85 A/anuais.

Lote nº 2: servicio corporativo de conexión a Internet.

Adxudicatario R-Unión Temporal de Empresas, por importe de 384.767,95 A/anuais.

Lote nº 3: servicio corporativo de telefonía fixa.

Adxudicatario Telefónica de España, S.A.U., por importe de 1.933.827,79 A/anuais para escenario A e por importe de 543,48 A/anuais por liña para escenario B.

Lote nº 4: servicio corporativo de telefonía móbil.

Adxudicatario Telefónica Móviles España, S.A., por importe de 1.241.561,33 A/anuais, incluído tráfico fixo a móbil.

Lote nº 5: rede corporativa de circuítos de reserva.

Adxudicatario R-Unión Temporal de Empresas, por importe de 206.167,40 A/anuais.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2002.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública