Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de reparcelación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo. (Expediente 4294/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 7 de marzo de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de reparcelación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo (Valadares), presentado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, con planos asinados polo arquitecto Arturo Conde Aldemira (expediente 4292/401).

Segundo.-Someter este expediente ó trámite de información pública, polo prazo de vinte días hábiles, mediante publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, e notificación ós propietarios do ámbito, nos termos regulados nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (LRXA-PAC).

Sométese o citado proxecto a exposición pública polo prazo de vinte días desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que se presenten cantas alegacións ou documentos se consideren convenientes.

O expediente atópase á disposición do público na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

Vigo, 18 de marzo de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo