Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día quince de xaneiro de dous mil dous, aprobou definitivamente o proxecto de pavimentación dotación de servicios na rúa Calvo Sotelo-esquina Camiño Polvoreiro, promovido por Cartimar 99, S.L. e redactado polo enxeñeiro de obras públicas Manuel Vázquez González.

Contra o citado acordo os interesados poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da última publicación oficial.

Así mesmo, advírtese que tamén se poderá utilizar calquera outro recurso que se considere pertinente, ai como exerce-las accións que procedan ante a xurisdicción competente.

Sarria, 15 de marzo de 2002.

O alcalde

Rubricado