Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.251

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 133.8º en relación co 102, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e en cumprimento da Resolución da Alcaldía do 15 de marzo de 2002, faise público que a xunta de compensación do polígono urbanístico número 10-A do PXOU prestou aprobación inicial, en asemblea xeral celebrada o día 21 de febreiro de 2002 ó proxecto de compensación para o dito polígono.

O dito expediente queda sometido a información pública durante o prazo de 20 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, podendo as persoas interesadas examinalo nas oficinas municipais e presentar, se é o caso, as alegacións que consideren oportunas.

Do mesmo xeito en cumprimento do disposto no artigo 154 en relación co 134 da Lei do solo de Galicia faise público que por acordo plenario do 11 de marzo de 2002 quedou incoado expediente para a ocupación dos predios afectados que a seguir se relacionan a favor da xunta de compensación do referido polígono urbanístico. O dito expediente queda sometido a información pública para efectos de exame e reclamacións durante o prazo dun mes contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Constantino Lourido Fernández, 79,97 m.

Demetrio Pol Costeira, 57,43 m.

Sinesio Costa Rodríguez, 66,31 m.

Manuel Fernández Braña, 73,16 m e 61,38 m.

Manuela Domenech Mera, 139,98 m.

Florentino Castaño García, 69,01 m.

Ribadeo, 15 de marzo de 2002.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde