Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.251

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local e disposicións concordantes, faise público que o Pleno deste concello, na sesión do

día 26 de marzo de 2002, aprobou definitivamente o Plan parcial do sector RA-46 O Salete II.

Contra o dito acordo, definitivo na vía administrativa, poderanse interpoñe-los recursos que seguen:

a) Potestativo de reposición ante o Pleno deste concello, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde do día seguinte ó desta publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sen embargo, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que se considere procedente.

Outeiro de Rei, 27 de marzo de 2002.

José Pardo Lombao

Alcalde