Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.251

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno, na sesión do 26 de marzo de 2002, o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal no sector RA-48, en Guillar, deste municipio, sométese o expediente e proxecto a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar na secretaría municipal, en horario de oficina, e formula-las alegacións e observacións que se consideren procedentes en escrito dirixido á Alcaldía.

Outeiro de Rei, 27 de marzo de 2002.

José Pardo Lombao

Alcalde