Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.251

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

A xunta de compensación da unidade de actuación do Plan parcial residencial de baixa intensidade no SUB-SI de Santa Isabel, na asemblea do 15 de febreiro de 2002, aprobou incialmente, co quorum legal de cotas de participación, o proxecto de compensación.

O dito proxecto de compensación, ó abeiro do establecido nos artigos 133.8º e 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, queda exposto ó público na secretaría municipal por un período de vinte días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de presentación as alegacións e documentos que se consideren oportunos.

Outeiro de Rei, 21 de marzo de 2002.

José Pardo Lombao

Alcalde