Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS NEVES

ANUNCIO de aprobación inicial.

Por resolución da Alcaldía do 7 de febreiro de 2002, acordouse aprobar inicialmente o Plan parcial correspondente ó sector SUR-1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, de iniciativa particular, promovido por Áridos Chan de Salgosa, S.L., que se somete a información pública polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Durante este prazo os interesados poderán examina-lo seu contido e presenta-las alegacións que estimen convenientes.

Na mesma resolución acordouse a suspensión, por un ano, das licencias de parcelación de terreos, edificación, demolición e usos contrarios ós previstos na nova ordenación no ámbito territorial que comprende o plan. A suspensión extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan.

As Neves, 7 de febreiro de 2002.

Raúl Emilio Castro Rodríguez

Alcalde-presidente