Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA

INFORMACIÓN pública.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno deste concello o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Navia de Suarna, e elaboración da cartografía dixital do concello, ó que se lle xuntan como anexos dous e tres os pregos de prescricións técnicas que deben rexer na realización destes traballos, quedan expostos ó público polo prazo de oito días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no BOP de Lugo.

Ó mesmo tempo, de conformidade co permitido no artigo 122 do R.D. 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, publícase o anuncio de licitación, aínda que este quedará aprazado no caso de que se presenten reclamacións en contra do prego de condicións:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Navia de Suarna.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Navia de Suarna e elaboración da cartografía dixital do concello.

b) Lugar de execución: Navia de Suarna.

c) Duración do contrato: dous (2) anos.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: noventa e nove mil novecentos vintetrés con oitenta e cinco (99.923,85 euros) euros, IVE incluído, por redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Navia de Suarna, e cinco mil douscentos vinteoito con oitenta e un (5.228,81 euros) euros, IVE incluído, por elaboración da cartografía dixital do concello.

5. Garantía provisional: 2.103,05 euros.

6. Obtención de documentación e información:

Concello de Navia de Suarna. Praza de España, nº 1. Localidade: Navia de Suarna. Código postal: 27650. Teléfono: 982 36 51 66. Fax: 982 36 51 12. Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe. Outros requisitos: ver cláusulas 10 e 11 do prego de condicións.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no último dos boletíns (Diario Oficial de Galicia ou BOP de Lugo) en que apareza publicado. Se o último día fose sábado ou inhábil, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 16ª do prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Rexistro de Entrada do Concello de Navia de Suarna, das 9 ás 14 horas.

9. Apertura de ofertas:

Entidade: Concello de Navia de Suarna.

Domicilio: praza de España, nº 1.

Localidade: Navia de Suarna.

Data: 9º día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 12 horas. Se o día de apertura coincide con sábado ou inhábil, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Outras informacións: ver prego de cláusulas económico-administrativas.

11. Gastos dos anuncios: todos por conta do contratista.

Navia de Suarna, 15 de marzo de 2002.

Vicente Flores González

Alcalde