Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

O Pleno Municipal, en sesión do 14 de marzo de 2002, acordou a contratación, mediante concurso, da prestación dos servicios de axuda a domicilio a veciños deste termo municipal, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, o que se fai público mediante este anuncio, e poderá ser obxecto de exame e reclacións, de conformidade co disposto no artigo 122.1º do RDL 781/1986, do 18 de abril, durante o prazo de 8 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto no BOP; así mesmo, coa salvidade do artigo 122.2º, anúnciase a licitación:

Cadro de características do contrato:

1. Obxecto: prestación ó Concello de Xove dos servicios de axuda a domicilio a veciños do termo municipal, mediante concurso aberto.

2. Tipo de licitación: 7,8 A (IVE incluído), por hora de servicio prestado, prevíndose unha contratación posible de 26.000 horas para o exercicio de 2002, e garantíndoselle ó contratista un mínimo de 15.000 horas para ese exercicio.

3. Prazo de duración: 1 ano, prorrogable ata 4 anualidades.

4. Clasificación do contratista: non se esixe; os requisitos do contratista especifícanse no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Lugar de presentación de proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove (Camiño Real, s/n, 27870 Xove); facilitarase así mesmo, copia do prego de condicións en persoa, por correo, correo electrónico ou telecopia (982 59 21 54).

6. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais desde a última publicación no BOP de Lugo ou no DOG.

7. Fianza provisional: 4.680 A.

8. Fianza definitiva: 4% do importe do prezo do contrato.

Xove, 20 de marzo de 2002.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario