Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente de expropiación de elementos existentes sobre as parcelas 6 e 7 do expediente de ocupación directa para a execución do Paseo Marítimo tramos Monte de San Pedro e O Portiño.

Pola Alcaldía Presidencia con data do 26 de marzo de 2002 dictouse a seguinte resolución:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación redactado para a expropiación dos elementos existentes sobre as parcelas 6 e 7 do parcelario do expediente 6/02 de ocupación directa para a execución do Paseo Marítimo do Portiño-Monte de San Pedro.

2. Optar para a execución do citado proxecto polo procedemento de taxación conxunta.

3. Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo prazo dun mes mediante a inserción dos anuncios correspondentes na prensa e diarios oficiais e remitir notificacións persoais xuntado follas de xustiprezo e criterios de valoración a aqueles que neste momento aparezan como interesados no expediente para que durante o citado prazo os interesados poidan consulta-lo proxecto nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello da Coruña sito na avda. da Mariña 18, de luns a venres entre as 12.30 e as 14 horas, así como presentar cantas alegacións teñan por conveniente na defensa dos seus dereitos.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 145.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo que o prazo dun mes sinalado no punto 3 do acordo comezará a contar desde o día seguinte ó da notificación persoal e no seu defecto a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo ponse de manifesto a conveniencia de presentar títulos de propiedade, certificación rexistral e demais documentos que xustifiquen a titularidade de parcelas e dereitos afectados.

A Coruña, 26 de marzo de 2002.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo