Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-15/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 15 de marzo de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para reaxustar e adaptar rasantes e ordenar volumes, de acordo coas especificacións do PXOM, en solo urbano sobre o ámbito territorial sometido á ordenanza de transformación 7-F10.01, sito no lugar de Marzán, promovido pola comisión xestora do ámbito territorial sometido á ordenanza de transformación 7-F10.01, coa condición de que con anterioridade á súa aprobación definitiva se retire do documento o punto 1.7 Definicións.

Segundo.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

Terceiro.-Notificar ós propietarios afectados.

O que se fai público para xeral coñecememto, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, sito na avda. da Mariña, número 18, en horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán satisfeitos polo seu promotor.

A Coruña, 20 de marzo de 2002.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo