Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERCEDA

CONCURSO, con procedemento aberto, para a contratación das obras de ampliación do polígono industrial de Cerceda.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Cerceda.

2. Proxecto: ampliación polígono industrial de Cerceda.

3. Orzamento base de licitación: 462.146 euros.

4. Prazo de execución: 4 meses.

5. Clasificación: grupo A2-categoría C-Explanacións; grupo E1-categoría C-Abastecementos e saneamento; grupo G4-categoría C-Vías e pistas con mesturas bituminosas; grupo G6-categoría C-Obras vias sen cualificación específica.

6. Tramitación, ordinaria, procedemento aberto e forma de adxudicación o concurso.

7. Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello de Cerceda.

8. Lugar e prazo de presentación de ofertas: rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas, ou por correo dentro dos vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no DOG.

9. Garantías: provisional: 9.242,92 euros. Definitiva: 4% importe de adxudicación.

10. Apertura de ofertas: o terceiro día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas, no Concello de Cerceda.

Cerceda, 20 de marzo de 2002.

José García Liñares

Alcalde-presidente