Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

EDICTO.

Aprobado polo Pleno da Corporación, inicialmente, o estudio de detalle modificado de aliñacións e rasantes avda. San Rosendo-Estrada de Mourillós, vía número 5, redactado polo enxeñeiro Manuel Durán Fuentes, exponse ó público polo prazo dun mes, contado a partir da aparición deste anuncio no DOG; quedando o procedemento á disposición de calquera persoa física ou xurídica que o queira examinar na secretaría do concello, para deducir alegacións.

Celanova, 21 de marzo de 2002.

O alcalde

Rubricado