Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

A Alcaldía-Presidencia, con data do 4 de febreiro de 2002, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización de zona verde e espacio público no antigo cuarteirón de Intendencia.

De conformidade co artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 4 de febreiro de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde