Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 26 de febreiro de 2002, do Servicio Provincial de Ourense, de notificación do requirimento de alegacións e relación da documentación do expediente sancionador 32150/2001, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica) o requirimento de alegacións e a relación de documentación que consta no expediente sancionador 32150/2001, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Posto que non presentaron alegacións ó acordo de iniciación, este foi considerado proposta de resolución. De acordo co artigo 19.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, concédeselle un prazo de 15 días, a partir do día seguinte ó da notificación, para formular alegacións e presenta-los documentos pertinentes ante o instructor do procedemento (Servicio Provincial do IGC, avda. Zamora-13, Ourense).

Expediente: 32150/2001.

Inculpado: Gali Mueble, S.L.

Domicilio: avda. de Portugal-77, 32002 Ourense.

Documentación que consta no expediente: reclamación de Carmen Pérez Pérez; informe do inspector de consumo José Luis Álvarez; acordo de iniciación do procedemento sancionador 32150/2001 e notificación deste o día 20 de decembro de 2001.

Data do escrito de requirimento e da relación de documentos: 22-1-2002, devolto polo servicio de correos o día 6 de febreiro.

Ourense, 26 de febreiro de 2002.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial de Ourense