Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2002 pola que se fai pública a adxudicación do concurso correspondente á tramitación ordinaria para o outorgamento de concesión de explotación das instalacións para a náutica recreativa no porto de Cangas. (Expediente PO-13-20-2001-S-1).

O presidente de Portos de Galicia, en virtude do disposto no artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolveu adxudica-lo concurso aberto para a tramitación ordinaria para o outorgamento dunha concesión de explotación das instalacións náutico recreativas no porto de Cangas.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Número de expediente: clave: PO-13-20-2001-S-1.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: elixir unha oferta para a tramitación ordinaria dunha concesión de explotación das instalacións para a náutica recreativa do porto de Cangas.

c) Boletín, diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 202, do día 18 de outubro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Adxudicación:

a) Data: 12 de decembro de 2001.

b) Adxudicatario: Club Náutico Rodeira.

c) Nacionalidade: española.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia