Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2002 pola que se fai público o outorgamento dunha concesión administrativa en terreos de dominio público portuario do porto de Sanxenxo.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, na Lei 22/1998, de costas, no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación; acordouse, en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa, a concesión en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas no prego de condicións correspondente.

Resolución: 6-11-2001.

Obxecto: modificación da concesión administrativa para a construcción e explotación dun porto náutico deportivo no dominio público adscrito ó porto de Sanxenxo.

Porto: Sanxenxo.

Adxudicatario: Construcciones Davila Lago, S.L.

Prazo: ata o 26 de febreiro de 2029.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia