Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.186

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 93/2002, do 14 de febreiro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de ilustración, correspondente á familia profesional de deseño gráfico, así como o acceso ó dito ciclo formativo.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, determina no seu artigo cuarto, que se entende por currículo o conxunto de capacidades terminais, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada un dos niveis, etapas, ciclos, graos e modalidades nos que se organiza a práctica educativa. Sobre esta base efectúa un dobre reparto competencial, atribuída por unha parte, ó Goberno a fixa-los aspectos básicos do currículo que constituirán as ensinanzas mínimas en todo o Estado, coa finalidade de garantir unha formación común de tódolos alumnos e a validez dos títulos correspondentes e, por outra, atribúe ás administracións con competencia en materia educativa o establecemento do currículo do que formarán parte as ditas ensinanzas mínimas.

Polo tanto, unha vez publicado o Real decreto 676/1993, do 7 de maio, polo que se establecen as directrices xerais sobre os títulos e as correspondentes ensinanzas mínimas de formación profesional, definidas as ensinanzas mínimas correspondentes ó título de técnico superior de artes plásticas e deseño en ilustración polo Real decreto 1456/1995, do 1 de setembro, e tendo en conta o establecido no Real decreto 389/1992, do 15 de abril, sobre os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, procede establece-lo currículo do dito ciclo formativo para o ámbito de competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cómpre asegurar no alumnado unha formación artística de calidade e garanti-la cualificación dos futuros profesionais das artes plásticas e deseño. Por iso, o currículo inclúe, ademais dos coñecementos académicos vinculados á ensinanza máis tradicional, outros aspectos inherentes á formación profesional e que permitan a incorporación dos xoves á vida activa, cun grao de formación que lles permita adaptarse ás modificacións que poidan producirse ó longo da súa vida e que contribúa á formación permanente dos cidadáns ó tempo que atende as demandas de cualificación do sistema productivo, e tendo en conta as necesidades de desenvolvemento económico e social da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa dimensión no fomento do noso patrimonio cultural.

As ensinanzas de artes plásticas e deseño están constituídas por un conxunto de ciclos formativos cunha organización modular variable tanto na dura

ción destes como na diversidade de áreas de coñecemento teórico-práctico en función dos distintos campos profesionais. As capacidades terminais dos distintos módulos profesionais, definidos neste Decreto, describen o comportamento conxunto do alumnado en termos de resultados avaliables que se requiren para acada-los aspectos básicos da competencia xeral. Estes aspectos básicos aseguran unha cualificación común do titulado, garantía do título en todo o Estado e de correspondencia europea das cualificacións outorgadas ós alumnos.

Os contidos curriculares non teñen que ser interpretados como unidades temáticas nin, por tanto, necesariamente organizados na mesma orde na que aparecen nesta norma, precisando, polo tanto, dunha ulterior concreción por parte do equipo de profesores que, coa necesaria flexibilidade, programarán interdisciplinarmente as secuencias de aprendizaxe, destacando nos ámbitos artísticos, técnicos e naqueles específicos do ámbito profesional do alumno, os contidos de maior significación cara ó desenvolvemento cualificado das actividades profesionais. Esta concreción ten que referirse principalmente ás liñas xerais de aplicación dos criterios de avaliación, á metodoloxía e ás actividades de carácter didáctico. Finalmente, cada profesor, no marco deste proxecto, realizará a súa propia programación, recollendo os procesos educativos que se propón desenvolver na aula.

Os criterios de avaliación establecen o tipo e grao de aprendizaxe que se espera que acaden os alumnos nun momento determinado, respecto das capacidades indicadas nos obxectivos xerais e nos específicos de cada módulo. O nivel de cumprimento destes obxectivos, en relación cos criterios de avaliación fixados, deben ser medidos con flexibilidade, tendo en conta as características e posibilidades dos alumnos.

A incorporación ós ciclos formativos de fases de formación práctica e do proxecto final é un elemento fundamental na construcción deste modelo formativo. A colaboración de profesionais, entidades e institucións, contribuirá, á concreción de proxectos educativos, que anticipen solucións reais no mundo laboral.

Para completa-lo currículo, o centro docente dispón dun determinado número de horas lectivas que, xunto co módulo de formación en centros de traballo, permitirán a súa adaptación tendo en conta as características do alumnado, ás necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Asemade, o presente decreto regula o acceso a este ciclo formativo, por medio dunha proba específica que deberá avalia-los coñecementos e as aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes a este ciclo, ó tempo que establece os requisitos de acceso a estes estudios.

En virtude de todo iso, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, tralo informe do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de febreiro de dous mil dous,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. O presente decreto regula o currículo das ensinanzas do ciclo formativo de artes plásticas e deseño de grao superior de ilustración, pertencente á familia de deseño gráfico, correspondente ó título de técnico superior en artes plásticas e deseño en ilustración, de acordo co establecido no epígrafe 3º do artigo 4 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e integra o establecido no Real decreto 1456/1995, do 1 de setembro, polo que se regulan as ensinanzas mínimas do dito ciclo formativo.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración deste ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O presente decreto será de aplicación no ámbito territorial de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 3º.-Perfil profesional.

A competencia e as capacidades profesionais, as tarefas máis significativas e o campo profesional, que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 4º.-Currículo do ciclo formativo.

1.- Para os efectos do disposto neste decreto, enténdese por currículo do ciclo formativo de artes plásticas e deseño de grao superior de ilustración o conxunto de capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación que regularán a práctica docente neste ciclo formativo, as fases de formación práctica en empresas, estudios e talleres, así como o proxecto final.

2. Os obxectivos xerais do ciclo formativo de grao superior de ilustración son os que se establecen no punto 3.1 do anexo deste decreto.

3. As capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación dos módulos correspondentes ó ciclo formativo a que se refire o presente decreto, a súa distribución en cursos e os tempos lectivos, así como o proxecto final e a fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres son os que se establecen nos puntos 3.2, 3.3 e 3.4 do anexo do presente decreto.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 5º.-Ordenación académica das ensinanzas.

1. As presentes ensinanzas organízanse en módulos, fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres e proxecto final.

2. Para os efectos do disposto no presente decreto, o concepto «módulo» considerarase equivalente ós termos «materia teórica», «materia teórico-práctica» e «clases prácticas» a que se refire o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas.

Artigo 6º.-Admisión do alumnado.

Os criterios de admisión do alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no epígrafe 4.1. do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Avaliación.

1. A obtención do correspondente título requirirá da avaliación positiva das distintas capacidades nas que se estructura a ensinanza impartida no centro educativo: dos módulos, das fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, así como do proxecto final.

2. A organización e avaliación da fase de formación práctica en empresas e do proxecto final é a que se expresa nos epígrafes 4.2 e 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Profesorado.

As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no epígrafe 4.4 do anexo deste decreto.

Artigo 9º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no epígrafe 4.5 do anexo deste decreto.

Artigo 10º.-Relación numérica profesor/alumno.

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica profesor/alumno, que se determina no epígrafe 4.6 do anexo deste decreto.

Artigo 11º.-Correspondencias.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá recoñecer a correspondencia coa práctica laboral dos módulos que se indican no punto 4.7 do anexo do presente decreto.

Así mesmo, poderá quedar total ou parcialmente exento da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, quen acredite experiencia laboral no campo profesional directamente relacionada con este ciclo formativo.

Artigo 12º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.8 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste apartado serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados ás uni

dades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou da formación profesional específica, para dar resposta ás características do alumnado, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Artigo 13º.-Proxecto curricular.

1. Os centros docentes concretarán e complementarán o currículo do ciclo formativo de artes plásticas e deseño de grao superior de ilustración mediante a elaboración de proxectos curriculares para o dito ciclo.

2. O proxecto curricular de centro deberá conter unha adecuación dos obxectivos xerais deste ciclo ás características do alumnado, criterios metodolóxicos de carácter xeral en relación co proceso de avaliación, así como en materia de diversificación curricular.

3. O proxecto curricular do centro incluirá, así mesmo, a distribución das capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación do ciclo formativo, incluídos os programas de cada materia. A dita distribución non deberá variar para un mesmo grupo de alumnos ó longo do dito ciclo.

4. O proxecto curricular do centro formará parte da programación da súa actividade docente e incorporarase á programación xeral correspondente.

5. Os profesores desenvolverán programacións da súa actividade docente de acordo co currículo e co proxecto curricular do centro.

Disposición transitoria

Única.-Ata que se determinen as novas especialidades docentes, a competencia do profesorado pertencente ós corpos de profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño para a impartición de cada módulo, queda definida pola súa pertenza ás especialidades que se indican no epígrafe 4.4 do anexo do presente decreto. Non obstante, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no seu ámbito de competencia e durante o mesmo período transitorio, poderá autorizar a impartición de determinados módulos a aqueles docentes que, á promulgación deste decreto, se encontrasen impartindo materias equivalentes da anterior ordenación, sempre que acrediten preparación para isto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las disposicións necesarias para a aplicación e desenvolvemento do establecido no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de febreiro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: técnico superior de artes plásticas e deseño en ilustración.

-Nivel: grao superior de Artes Plásticas e Deseño.

-Duración: 1.950 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requisitos xerais de cualificación profesional para este técnico son:

* Aplica-las diferentes técnicas e estilos utilizados neste campo profesional, co fin de cubri-la demanda que existe nas distintas áreas: axencias de publicidade, editoriais, estudios de deseño, prensa, arquitectura, televisión, etc.

2.2. Capacidades profesionais:

* Interpretar unha historia ou concepto dándolle a representación gráfica máis adecuada, ou como especialista que dá forma final a un bosquexo subministrado por outra persoa, cunha técnica ou estilo gráfico concreto.

2.3. Tarefas máis significativas:

* Realiza ilustracións empregando algunha das múltiples técnicas ou estilos artísticos.

* Procura de documentación e de material gráfico de referencia.

* Traballa en equipo ou ás ordes dun director artístico, deseñador gráfico, editor, etc.

* Controla, se é o caso, a correcta reproducción dos seus orixinais nos talleres de fotomecánica e impresión.

* Crea ilustracións adaptándose ós aspectos comunicativos técnicos e funcionais que precise o traballo.

* Diferencia o fin último de cada ilustración en concreto e discrimina a través da dita capacidade uns procesos de traballo ou outros, mellorando así o resultado final do traballo.

* Como traballador autónomo xestiona, administra e coñece os límites legais en canto á utilización da imaxe.

2.4. Campo profesional:

Exerce o seu traballo dentro das distintas áreas: axencias de publicidade, editoriais, estudios de deseño, prensa arquitectura, televisión e como autónomo especializado nalgunha técnica ou estilo concreto.

* Como autónomo, entendendo os detalles e características do traballo que se realice, o que implica un coñecemento das técnicas e os procesos de reproducción industrial.

* Contratado como ilustrador en calquera das áreas citadas anteriormente (televisión, axencias de publicidade, editoriais, etc.).

* Realizando traballos libres para a súa posterior comercialización.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Analizar e desenvolve-los procesos básicos de realización de ilustracións.

* Usa-las diferentes técnicas e estilos utilizados no campo da ilustración.

* Valorar, de forma idónea, as necesidades expostas na proposta de traballo, así como os aspectos técnicos, artísticos, organizativos e económicos para configura-lo proxecto.

* Resolve-los problemas artísticos e técnicos que xurdan durante o proceso de proxectación de ilustracións.

* Axusta-la ilustración ó texto ou contexto en que se atope inmersa.

* Identificar con detalle as especificacións técnicas do material utilizado no traballo, organizando as medidas do seu mantemento periódico preventivo.

* Investiga-las formas, os materiais, as técnicas e os procesos creativos e artísticos relacionados coa ilustración.

* Interpreta-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade profesional no campo da ilustración.

* Utiliza-las medidas preventivas necesarias para que os procesos de realización utilizados non incidan negativamente no medio ambiente.

* Analizar, adaptar e, se é o caso, xerar documentación artístico-técnica imprescindible na formación e no adestramento de profesionais do sector.

* Seleccionar e valorar criticamente as situacións plásticas, artísticas, técnicas e culturais derivadas do avance tecnolóxico e artístico da sociedade, de xeito que lle permitan desenvolve-la súa capacidade de autoaprendizaxe, co fin de evolucionar adecuadamente na profesión.

3.2. Capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación dos diversos módulos:

3.2.1. Módulo 1: debuxo artístico:

Capacidades terminais

* Aplicar correctamente diferentes técnicas de expresión gráfica sobre distintos soportes propios do debuxo.

* Realizar bosquexos e debuxos de aplicación de: perspectivas, proporcións, volumes, cor e anatomía.

* Analizar e identifica-los recursos expresivos empregados no debuxo ó longo de toda a historia da arte.

* Realizar bosquexos de análise da forma de obxectos do contorno, sós ou agrupados.

* Simplifica-las formas dos obxectos analizados e dos conxuntos.

* Experimentar novas formas de expresión, con diferentes materiais, soportes e técnicas.

* Realizar deseños propios da especialidade nos que se apliquen tódolos principios do debuxo artístico.

Contidos

* Instrumentos materiais e técnicas básicas.

* Análise e representación de formas simples e complexas: o seu espacio compositivo.

* A composición e o seu valor expresivo: equilibrio, tensión, peso, dirección, espacio físico e espacio perceptual.

* A representación da luz, claro escuro e debuxo a mancha.

* A liña, o contorno e o trazo sensible.

* Apuntamento do natural.

* Introducción á representación de espacios e formas complexas: a paisaxe (natural e urbana). O debuxo arquitectónico. A estructura animal.

* Debuxo de retentiva.

* Debuxo de movemento.

* A figura humana: o debuxo de expresión facial e corporal.

* Estudio e aplicación de diferentes rexistros de debuxo e a súa adecuación estética e comunicativa.

* Recursos expresivos a través dos diferentes estilos da historia da arte e a ilustración.

* Exercitación das destrezas manual e intelectual a través de síntese de liña apreciados nun modelo.

* Aplicación de métodos nos que a destreza apunte o útil e proveitoso para o debuxo.

* Aplicación de diferentes técnicas de expresión gráfica (lapis, carbón, pastel, rotuladores, etc.) sobre diferentes soportes propios do debuxo e papeis fotográficos de calidades diferentes.

* Realización de debuxo a man alzada experimentando coa síntese de liña, a representación do movemento e a aplicación de mancha e cor como recursos expresivos.

* Utilización correcta dos materiais, no seu uso xeral e como recurso expresivo.

* Representación do espacio e a súa luz.

* Observación analítica das formas.

* Predisposición á abstracción de liñas e contornos do debuxo.

* Interese pola consecución de solucións innovadoras.

* Sensibilidade artística e creatividade no traballo propio e o dos seus compañeiros.

Criterios de avaliación

* Usar adecuadamente os distintos soportes e útiles de debuxo.

* Expresarse a través de diversos tipos de trazo.

* Representar formas iluminadas por distintas fontes de luz.

* Representar formas complexas no espacio.

* Realizar debuxos de retentiva e de memoria.

* Utilizar diferentes estratexias compositivas.

* Analizar e utiliza-los diferentes recursos segundo os distintos estilos artísticos.

* Diferenciar tecnicamente e conceptualmente os traballos dos grandes mestres.

* Desenvolver un estilo propio.

* Axustarse á metodoloxía de traballo proposta.

* Presentar correctamente o traballo.

3.2.2. Módulo 2: teoría da imaxe:

Capacidades terminais

* Identifica-los conceptos fundamentais sobre percepción e describi-lo lugar que ocupan as diferentes imaxes no mundo da comunicación e os distintos usos que o público fai delas.

* Describir e usar distintos modelos de análise de imaxes.

* Utilizar correctamente a terminoloxía propia do estudio analítico das mensaxes visuais.

* Analiza-los diferentes medios publicitarios valorando desde actitudes críticas, as mensaxes visuais.

* Elabora-la información necesaria para poder desenvolve-los seus proxectos sobre unha base teórica fundamentada.

* Distinguir unidades básicas do alfabeto visual nas imaxes e nas mensaxes que recibimos.

* Realizar exemplos gráficos que poñan de manifesto a incidencia do contexto na percepción.

* Elaborar imaxes que ilustren a problemática do concepto de contorno na relación figura-fondo.

* Elaborar un arquivo de imaxes seguindo uns parámetros de clasificación determinados.

* Interpretar, a nivel retórico, mensaxes fotográficas e publicitarias, precisando os campos semánticos dos elementos participantes, así como identifica-los aspectos coincidentes e das figuras existentes.

Contidos

* O proceso perceptivo.

* Teoría da Gestalt e outros desenvolvementos teóricos complementarios.

* Concepto de imaxe: definición e clasificación. Etimoloxía e funcións.

* Comunicación e información: da descodificación á codificación. Semioloxía, semántica, sintáctica e pragmática.

* Semiótica dos mensaxes visuais. O signo icónico. Plano da expresión e plano do contido. Denotación e connotación. Importancia do contexto.

* Estudio dos mensaxes visuais nos diferentes niveis. Bases para a análise retórica: mecanismos e figuras.

* Persuasión e comunicación.

* Identificación e comprobación das leis xestálticas en imaxes.

* Análise das mensaxes visuais elementais.

* Distinción de unidades básicas do alfabeto visual nas imaxes e nas mensaxes que recibimos.

* Valoración do proceso perceptivo como fonte xeradora da memoria e o pensamento visual.

* Actitude aberta e positiva cara á experimentación coas bases perceptivas teóricas.

* Interese por comprende-la natureza e funcións da imaxe como paso previo á aprendizaxe dos procesos de análise.

* Actitude receptiva e crítica á hora de aborda-la metodoloxía de análise procedente de distintos desenvolvementos teóricos.

* Interese pola consecución de solucións innovadoras.

* Precisión, orde e rigor na realización dos proxectos.

Criterios de avaliación

* Interpreta-las imaxes atendendo a modelos de análise.

* Utilizar axeitadamente a terminoloxía específica do módulo.

* Amosar unha actitude constructiva, dialogante e de tolerancia cara ás opinións e puntos de vista diferentes dos seus, sen descoida-lo rigor das súas argumentacións e xuízos críticos.

* Aplica-los métodos e procesos de traballo nos diferentes problemas de comunicación visual que se lle poidan presentar.

* Realizar un enfoque globalizador de tódolos aspectos que interveñen en cada exercicio de fotografía que se lle presente.

* Amosa-la información que se lle proporcione respecto dos contidos teóricos e prácticos do proceso visual.

* Elaborar con rigor e precisión informes orais e escritos.

* Amosar unha disposición positiva ó traballo en equipo, sendo consciente de que as solucións que achegue deben enmarcarse e adaptarse a procesos de traballo complexos e moitas veces pluridisciplinares.

* Amosar curiosidade fronte ós cambios sociais, culturais e estéticos que se producen na sociedade.

* Elaborar e expor opinións críticas argumentadas sobre diversas imaxes.

3.2.3. Módulo 3: historia da imaxe gráfica.

Capacidades terminais

* Analiza-la comprensión visual e conceptual das linguaxes propias da ilustración e a publicidade, en relación coas distintas culturas visuais.

* Identifica-las manifestacións específicas destas linguaxes e asocialas ós conceptos estéticos do contorno histórico-cultural.

* Analiza-la xénese e os procesos evolutivos destas especialidades artísticas e relacionalas, no espacio e no tempo, coas distintas culturas visuais.

* Valorar de forma especial as realizacións actuais, tanto na súa dimensión de medios de comunicación, como na de formación especificamente artística.

* Analizar criticamente e utiliza-las fontes e o material histórico-gráfico diverso.

Contidos

* Asociación entre escritura e imaxe: evolución das súas manifestacións nas culturas antigas. Primeiros signos e símbolos de significación.

* Símbolo e iconografía no cristianismo e a súa transcendencia para a cultura visual da Idade Media. A miniatura e a súa evolución estilística; técnicas e tendencias do pasado. Representacións eclesiásticas e laicas.

* Arte e humanismo. A tipografía e o deseño tipográfico. A arte de imprimir e a difusión das técnicas do gravado: grandes mestres.

* A estética do Barroco e do Rococó e a súa expresión na Ilustración. Avances técnicos do século XVIII relacionados co libro e coa ilustración: transcendencia social e cultural. Prensa e publicidade.

* Consecuencias da revolución industrial e da revolución francesa. A publicidade nas novas cidades. Prensa, cartel e anuncios comerciais: evolución e difusión no século XIX.

* Movementos renovadores da fin do século XIX: a consolidación do Modern Style e do Arts & Crafts.

* O gravado e a fotografía. Aparición do cine.

* A estética Art-Nouveau: as súas achegas á ilustración e ó deseño gráfico; representantes europeos e americanos.

* Alemaña: do Jugendstil ó Werkbund Institut.

* A influencia das vangardas artísticas de principios de século na publicidade e no deseño gráfico.

* Bauhaus: achegas do deseño gráfico e da tipografía.

* A nova tipografía: Jan Tschichold.

* O cómic e o cartel ó servicio da comunicación e da propaganda política e publicitaria.

* Desenvolvemento de mercados, axencias e métodos publicitarios ó servicio dunha nova estructura económica mundial. Principais deseñadores europeos do século XX.

* O mercado americano, principais axencias e estudios de deseño nos Estados Unidos do século XX.

* Importancia das principais escolas de deseño centroeuropeas: Holanda, Suíza, Italia e Francia.

* A consolidación do estilo americano no deseño gráfico e publicitario.

* Interpretación de exemplos gráficos visuais claves a partir de fontes e de material histórico-gráfico diverso.

* Análise das influencias sucesivas do pasado ó presente, evidenciándoas con imaxes e diapositivas.

Criterios de avaliación

* Utilizar unha linguaxe clara e concisa, e unha terminoloxía e un vocabulario específico.

* Describi-la cultura gráfica, razoada e cientificamente, os seus valores estéticos e plásticos e os variados elementos que a configuran.

* Situa-las manifestacións das artes gráficas no contexto histórico, social, cultural e temporal en que se produciron.

* Amosar sensibilidade ante a análise do feito artístico-gráfico, tanto pasado como actual.

* Interpretar axeitadamente a diversidade de factores que actúan no mundo gráfico.

* Clasificar imaxes gráficas analizando o seu autor, grupo ou tendencia.

3.2.4. Módulo 4: técnicas de ilustración:

Capacidades terminais

* Aplica-las técnicas e as ferramentas do ilustrador.

* Analiza-las técnicas de ilustración, así como as diferentes posibilidades de cada unha, desde as máis realistas ás máis abstractas.

* Discriminar cáles son as técnicas máis adecuadas para cada problema.

* Utiliza-las prácticas máis habituais no taller de ilustración (tales como o inicio dun arquivo persoal de imaxes e procura de documentación).

* Aplicar técnicas de expresión gráfica tradicionais directas sobre o soporte como carbón, pasteis, lapis, pluma de tinta, rotuladores, bolígrafos, etc.

* Aplicar técnicas de expresión gráfica tradicionais aplicadas con pinceis como estables e solubles á auga, gouche, acrílicos, acuarelas e untas.

* Aplicar técnicas de expresión gráfica tradicionais aplicadas con pinceis corno estables con aceite ou graxos: óleos, técnicas graxas, betumes e ceras.

* Aplicar técnicas tradicionais de debuxo de punta (lapis, carbón, pastel, rotuladores, etc.) sobre diferentes soportes e formatos (papeis de calidades dife

rentes), en distintas posicións de execución e sobre temáticas diversas.

* Aplicar técnicas mixtas de debuxo con pincel e materiais de punta sobre diferentes soportes e formatos apropiados.

* Debuxar e ilustrar contidos literarios de prensa, narrativa e poesía.

* Debuxar e ilustrar con medios informáticos e aplicación de recursos, técnicas e métodos.

Contidos

* Instrumentos, materiais e técnicas básicas: relación e características.

* Técnicas gráficas experimentais con collage, copy art, técnicas mixtas e fotomontaxe.

* Principios básicos de ilustración.

* Novas técnicas: bolígrafo, collage, tramas transferibles, rotuladores, acrílicos, aerógrafo, etc.

* Técnicas mixtas: investigación e mestura das técnicas estudiadas.

* Estilos e tendencias: análise dos estilos máis importantes achegados ó longo da historia da arte, así como das tendencias actuais, para a súa aplicación práctica.

* Os soportes máis habituais e convencionais segundo a técnica e o material que se aplique: papeis, teas, cartóns, vinilos e madeiras.

* Técnicas de ilustración con medios informáticos de maneira íntegra. Infografía e ilustración asistida por ordenador.

* Utilización de técnicas tradicionais de debuxo con pincel, sobre diferentes soportes e sobre formatos apropiados.

* Experimentación con técnicas mixtas recentes como o collage e o copy art, sobre diferentes soportes e sobre formatos apropiados.

* Experimentación con medios informáticos e tratamento das imaxes elaboradas con procedementos artesanais de ilustración.

* Observación analítica das formas.

* Abstracción de liñas e contornos do debuxo, así como evidencia e representación do espacio e das luces.

* Utilización correcta dos materiais, no seu uso xeral e como recurso expresivo.

Criterios de avaliación

* Aplicar correctamente as técnicas de ilustración propostas.

* Representar graficamente conceptos, tanto dende o punto de vista figurativo como non figurativo.

* Amosar sensibilidade artística, innovación e orixinalidade no traballo.

* Cumpri-los prazos de entrega previstos.

* Cumpri-las normas de limpeza e presentación.

* Valorar criticamente o propio traballo.

* Usa-las técnicas e os materiais máis adecuados e apropiados en cada caso proposto.

3.2.5. Módulo 5: técnicas gráficas tradicionais:

Capacidades terminais

* Identifica-lo proceso de transferencia de ilustracións nas diferentes técnicas tradicionais.

* Aplica-lo gravado nas súas diferentes modalidades.

* Usar correctamente o material necesario na consecución de gravados.

* Utiliza-la serigrafía sobre diferentes soportes.

* Preparar, emulsionar e insolar pantallas.

* Distinguir diferentes tipos de teas de pantallas.

* Realizar serigrafías a varias cores desde orixinais de diverso tipo.

* Identificar calidades de litografías.

* Aplicar técnicas aditivas gráficas como recurso técnico e expresivo de ilustración.

* Comprender, desde o funcionamento de técnicas, materiais e tintas tradicionais, as técnicas gráficas industriais.

* Identificar aplicacións das técnicas tradicionais na actualidade.

* Elaborar matrices e estampacións orixinais.

* Elaborar e proxectar propostas de deseño que se axusten en cada caso ós medios dispoñibles de impresión tradicional.

Contidos

* Sistemas de impresión en relevo: materiais e procesos de aplicación.

* Sistemas de impresión en oco: materiais e procesos de aplicación.

* Sistemas de impresión en plano: materiais e procesos de aplicación.

* Permeografía (estarcido). Aplicación sobre diferentes soportes.

* Técnicas gráficas aditivas e monotipos.

* Técnicas de impresión en relevo: xilografía, linoleogravado. Materiais e metodoloxía. Aplicacións prácticas.

* Serigrafía: método directo e indirecto.

* Serigrafía téxtil: aplicación de diferentes cores. Materiais.

* Serigrafía en vinilo.

* Procedementos constricción de fotolitos; separación de cores.

* Litografía: método directo, por reporte e á maneira negra.

* Iniciación á práctica para reproducción de orixinais.

* Elaboración dun proceso de traballo para chegar á obtención de orixinais.

* Gravado de pantallas ou pranchas segundo a técnica empregada a partir de distintos orixinais.

* Espírito crítico para os traballos de investigación e para o coñecemento de novos materiais.

Criterios de avaliación

* Presenta-los traballos nos prazos solicitados e coa limpeza necesaria.

* Clasificar e identificar diferentes estampas de cada un dos sistemas de impresión.

* Describi-las distintas características gráficas de cada sistema.

* Describir, oralmente ou por escrito, procesos de gravado e de estampación.

* Aplicar e utilizar correctamente a terminoloxía propia das artes gráficas.

* Desenvolver proxectos e estudios que se axusten a cada técnica segundo as súas características.

* Conseguir calidade na impresión e na estampación dos orixinais.

* Desenvolver procesos de fotorreproducción.

* Distingui-los diferentes útiles e a maquinaria actual nas técnicas gráficas tradicionais.

3.2.6. Módulo 6: sistemas de representación espacial.

Capacidades terminais

* Solucionar problemas de representación espacial, sobre soportes tanto tradicionais como informáticos.

* Aplica-la linguaxe gráfico-técnica ó contorno da ilustración.

* Aplica-los modos de representación gráfico-técnica e relacionalos co pensamento lóxico e racional.

* Describi-las leis de representación espacial e a súa orixe, así como a súa aplicación na arte e a súa relación con ela.

* Investigar e reflexionar sobre os modos de representa-la tridimensionalidade.

* Desenvolve-la sensibilidade artístico-técnica e a creatividade.

Contidos

* Proxeccións: ortogonais e oblicuas. Reversibilidade.

* Sistemas de proxección: diédrico, triédrico ou axonométrico e cónico. A súa orixe. Desenvolvemento.

* Sistema diédrico ou de Mongue. Orixe e nacemento do sistema de representación. Alfabeto de elementos e planos de proxección. Paralelismo. Perpendicularidade. Figuras planas. Poliedros regulares. Seccións. Interseccións.

* Sistema axonométrico, isonométrico, dimétrico e trimétrico. Representación de figuras planas e poliedros regulares. Perspectiva cabaleira. Perspectiva isonométrica. Debuxo isonométrico.

* Sistema cónico: perspectiva cónica. Nocións fundamentais. Orixe e nacemento do sistema de representación; repercusión na concepción espacial.

* Plano xeometral. Liña do horizonte, influencia do horizonte na perspectiva. Plano inclinado.

* O círculo en perspectiva.

* Perspectiva das formas básicas: cubo, cilindro, prisma, pirámide e cono.

* Aplicación da luz en perspectiva cónica. Reflexos. Sombras. Roturas e efecto espello. Imaxes múltiples.

* Perspectiva «a sentimento»: angulación e iluminación variables.

* O uso do espacio como elemento expresivo.

* Identificación e comprobación das leis de representación espacial.

* Realización de prácticas gráficas que poñan de manifesto as leis e os sistemas de representación.

* Manipulación dos materiais tradicionais propios para conseguir unha óptima representación.

* Emprego de sistemas informáticos para a representación técnica de obxectos tridimensionais.

* Representación gráfica de diferentes elementos tridimensionais, con mecanismos e pezas, a través dos diferentes sistemas de representación.

Criterios de avaliación

* Amosar pulcritude, respecto ós prazos de entrega e boa actitude no traballo.

* Identifica-la orixe dos diferentes sistemas de representación, as súas virtudes e a súa convivencia na linguaxe visual.

* Amosar axilidade no traballo utilizando correctamente os distintos sistemas.

* Utilizar correctamente os medios técnicos de traballo.

* Resolver con rapidez problemas espaciais (variacións en punto de vista, iluminación, etc.).

* Utilizar con creatividade os sistemas de representación e adecualos ós problemas propostos relacionados coa ilustración.

* Usar expresivamente o espacio como elemento dinámico.

* Relaciona-los sistemas de representación coa ilustración técnica de obxectos tridimensionais, así como describi-los mecanismos ou a desmontaxe de pezas e engarces.

* Elaborar un xuízo argumentado respecto ó uso do espacio en diferentes imaxes.

* Demostrar sensibilidade artística e creatividade no traballo.

3.2.7. Módulo 7: técnicas gráficas industriais:

Capacidades terminais

* Identificar-los distintos tipos de orixinais e describi-las súas características para que poidan ser correctamente impresos.

* Distinguir, dentro da fotomecánica, os medios de traballo con que se conta, así como os contextos en que estes se desenvolven.

* Describi-lo funcionamento e utiliza-la cámara reprográfica para levar a cabo traballos de fotorreproducción.

* Diferencia-los procedementos, tanto fotográficos como de gravado, para a preparación da prancha de impresión, co obxecto de aprecia-las súas relacións co medio impresor.

* Identifica-los fundamentos técnicos para levar a cabo unha determinada impresión.

* Relaciona-los procedementos de impresión industrial cos seus correspondentes nas técnicas tradicionais.

* Describi-lo desenvolvemento da impresión actual, así como os novos materiais e auxiliares na reproducción gráfica.

* Identifica-la serigrafía como técnica de impresión, así como as súas características máis importantes.

* Utiliza-la terminoloxía técnica empregada nun taller de impresión.

* Describir distintos tipos de orixinais para a práctica serigráfica, así como a súa realización práctica.

* Elaborar apuntes, bosquexos e probas co obxecto de selecciona-las ideas e as solucións máis axeitadas ó resultado final.

* Describi-lo funcionamento das máquinas para o seu correcto manexo.

* Aplicar correctamente diversas técnicas.

* Aplica-las normas de seguridade e hixiene dentro dun taller de impresión.

Contidos

* Fotomecánica.

-Introducción xeral: análise do orixinal; do orixinal á película. A fotografía e a reproducción de ilustracións. Diferentes tipos de material fotográfico.

-Tipos de orixinais: de liña, de ton continuo, de tramas mecánicas e de tramas especiais. Uso da trama de inclinación liñatura.

-Selección de cor: libro de gamas, sistema pantone, corrección de cor, sistema UCR e cor plana.

-A cámara: cámaras tradicionais (horizontal e vertical).

-PMT. Sistema copyproot.

-Fotocomposición: óptico-mecánica, CRT e láser.

-Fotomecánica dixital: procedementos e material necesario. Programas habituais no control do proceso. Fotomecánica Postcript.

-Escáner plano e de tambor. Particularidades. Do punto ó píxel. Programas habituais na corrección e no emprego de imaxes obtidas con escáner dixital.

-Sistemas de pantallas (Croosfield/Scitexchell).

* Procesos de impresión.

-Offset: tipos de pranchas, emulsionado das pranchas, pranchas negativas e positivas, tratamento de pranchas, procesado e retoque, prensa de impresión, follas soltas e papel continuo.

-Sistemas de control das prensas: vantaxes e inconvenientes. Papel e tinta. Área de aplicación.

-Fotogravado industrial: o cilindro e a matriz de fotogravado; preparación da matriz; prensas de impresión en oco; a rotativa (vantaxes e inconvenientes); papel e tinta na impresión en oco. Área de aplicación.

-Serigrafía: orixe, historia e evolución. Área de aplicación.

-Prensas de impresión: manuais e automáticas; vantaxes e inconvenientes.

-Métodos de clipsado e emulsións. Insolado de pantallas e revelado. Tintas, soportes e rasquetas. Impresión e secado. Limpeza e recuperación de pantallas.

-Seguridade e hixiene no taller de impresión.

* Iniciación á práctica para reproducción de orixinais.

* Elaboración dun proceso de traballo para chegar á obtención de orixinais.

* Utilización de diferentes procedementos, instrumentos e técnicas que poidan levar á realización de orixinais.

* Gravado de pantallas a partir de distintos procedementos.

* Utilización correcta de tódolos medios existentes no taller.

* Elaboración de proxectos e propostas de deseño que se axusten en cada caso ós medios dispoñibles de impresión.

Criterios de avaliación

* Analizar unha imaxe tendo en conta os seus elementos básicos para a súa posterior fotorreproducción.

* Diferencia-los distintos tipos de orixinais que existen.

* Adecua-los bosquexos e orixinais ó posterior sistema de reproducción e impresión, así como ó número de tintas dispoñible.

* Correcta realización, limpeza e presentación dos traballos nos prazos previstos.

* Diferencia-las técnicas tradicionais das de impresión industrial, valorando a súa evolución.

* Recoñece-lo tipo de técnica, material e instrumentos axeitados nas diversas técnicas gráficas industriais.

* Obter correctamente orixinais impresos.

3.2.8. Módulo 8: teoría e práctica da animación de imaxes:

Capacidades terminais

* Analizar desde unha perspectiva teórico-práctica diversos medios audiovisuais, desde a imaxe máis estática (diaporamas) ó movemento do debuxo (cine de animación, televisión ou vídeo), así como a influencia que as novas tecnoloxías infográficas exercen sobre eles.

* Distingui-los diferentes sistemas de animación.

* Identifica-la metodoloxía propia en cada sistema de producción de debuxos animados: medios e procedementos habituais.

* Realizar curtametraxes ou anuncios en que interveña a animación de imaxes.

* Utiliza-los aspectos gráficos e estéticos dos programas audiovisuais directamente relacionados coas técnicas de animación e posproducción.

* Analizar, desde unha perspectiva técnico-práctica, as posibilidades estéticas, expresivas e de comunicación que ofrecen os medios audiovisuais, así como os factores temporais e dinámicos da imaxe en movemento.

* Realizar informes orais ou escritos referentes ás practicas realizadas, utilizando correctamente a terminoloxía.

Contidos

* Introducción á linguaxe audiovisual. Os factores temporais e dinámicos da imaxe en movemento.

* Os sistemas de producción. Medios técnicos.

* Historia da imaxe en movemento. A persistencia retiniana e o efecto Phi.

* Cine de animación: principios básicos. Leis físicas e estéticas. Temporización e movemento.

* Linguaxe cinematográfica: guión, story board, espacio e tempo cinematográficos. Montaxe, ritmo, metáforas, símbolos, elipses, etc.

* Medios audiovisuais aplicados á animación de debuxos ou obxectos inanimados.

* Animación clásica. Proceso de traballo. Banco de animación. Elementos.

* Técnicas e personalidades do cine de animación: Norman McLaren, Walt Disney, o cine checo de animación, Saul Bass, etc. Principais características.

* Breve detención na tecnoloxía vídeo: o sinal de televisión. Cámaras. Procesos de gravación. Formatos. Sistemas de edición. Animación co medio vídeo.

* Animación dixital. Imaxe analóxica e dixital. Recursos técnicos básicos necesarios. Procedementos.

* Realización de anuncios e curtametraxes nos que se integren fases de animación nalgunha das súas múltiples técnicas.

* Elaboración de traballos prácticos manipulando correctamente o material técnico.

* Participación en equipos de traballo para a elaboración de producto audiovisual completo.

* Responsabilidade cos medios técnicos que se utilicen.

* Interese pola consecución de solucións innovadoras.

Criterios de avaliación

* Analizar crítica e analiticamente as diferentes mensaxes audiovisuais.

* Describi-los mecanismos teórico-expresivos audiovisuais.

* Amosar orixinalidade de formulación nos traballos propostos.

* Amosar calidade técnica e formal no acabado dos traballos.

* Autoanalizar e autoavaliar criticamente os resultados obtidos.

3.2.9. Módulo 9: deseño gráfico asistido por ordenador:

Capacidades terminais

* Correcta utilización do material e dos equipos informáticos ante exercicios de ilustración expostos.

* Utiliza-los medios informáticos como técnicas de aplicación no proceso creativo e productivo.

* Emprega-lo medio como instrumento para perfeccionamento, corrección e alteración de ilustracións orixinais.

* Distinguir e empregar sistemas operativos e diferentes aplicacións comúns e necesarias na práctica profesional da ilustración e da edición.

* Clasifica-los distintos dispositivos de entrada e de saída de imaxes propios na práctica profesional.

* Distinguir sistemas de autoedición e compaxinación de textos e ilustracións.

* Elaborar ilustracións coas ferramentas proporcionadas polos medios informáticos.

* Utiliza-las aplicacións necesarias para mellora-los proxectos de ilustración encargados.

Contidos

* Introducción á informática.

* Sistemas operativos. MS2. Contorno Windows. PC. Contorno Mac.

* Hardware básico na manipulación e no tratamento da imaxe. Descrición dos diferentes compoñentes técnicos.

* Dispositivos de entrada e saída propios dun sistema informático aplicado á ilustración e imaxe en xeral.

* Programas de ilustración e de imaxe dixital: aplicacións en edición de imaxes, fundamentos e conceptos básicos.

* Debuxo vectorial: características, formatos máis habituais e filtros de importación; aplicacións máis habituais e ferramentas básicas para o seu tratamento.

* Imaxes en mapa de bits: características, formatos máis habituais e filtros de importación, aplicacións máis habituais para o seu tratamento.

* Utilidades intermedias: fragmentación e compresión e descompresión de arquivos.

* Tratamento e edición de imaxes. Captura de imaxes por medios dixitais. Uso do escáner.

* A ilustración dixital en novos medios de comunicación: multimedia e Internet.

* Técnica de debuxos animados asistidos por medios informáticos. Programas de animación 2D e 3D. Aplicacións.

* Análise e diferenciación dos distintos elementos que compoñen os medios informáticos.

* Utilización dos distintos programas habituais na xestión de imaxes.

* Observación e análise de diferentes composicións plásticas elaboradas a través de medios informáticos.

* Realización de distintas composicións plásticas utilizando as diferentes aplicacións en torno á imaxe dixital.

* Incorporación das imaxes e ilustracións a novos soportes de información: multimedia e Internet.

* Recreación de movementos de imaxe dixitalizada con programas propios de animación.

* Tratamento de imaxes e ilustracións elaboradas ou capturadas cos medios informáticos e convertidas a debuxo vectorial.

* Tratamento de ilustracións convertidas a mapas de bits.

* Utilización de filtros e efectos xa programados e correccións con ferramentas máis convencionais nos programas habituais de imaxe dixital.

Criterios de avaliación

* Utilizar correctamente o material e os equipos informáticos.

* Determina-lo medio informático adecuado para alcanzar un propósito concreto.

* Controla-lo resultado, o seu alcance e as posibles combinacións con outros medios ou recursos máis tradicionais.

* Adecua-lo medio ás esixencias de cada traballo concreto e as súas proxeccións sobre as diversas disciplinas.

* Amosar autonomía e personalidade cara á suxestión do medio.

* Aproveita-los recursos proporcionados.

* Empregar sistemas de compaxinación co fin de posibilitar proxectos conxuntos con deseñadores e maquetadores.

3.2.10. Módulo 10: proxectos de ilustración.

Capacidades terminais

* Relacionar e utilizar de forma integrada as técnicas e os coñecementos adquiridos para a realización de proxectos.

* Realizar proxectos de ilustración de carácter profesional para obter resultados óptimos desde o punto de vista técnico e estético, conforme as condicións impostas.

* Realizar proxectos que reflicten o arco de posibilidades que o ilustrador ten no mundo laboral.

* Aplicar e transformar imaxes desenvolvendo o senso artístico, a imaxinación e a capacidade creadora en función de requisitos comunicativos concretos.

* Adapta-la ilustración ó texto ou contexto no que se enmarca.

* Presentar correctamente os proxectos dentro dos prazos que se establecen.

Contidos

* O proxecto: elementos básicos que integran un proxecto. Métodos de representación.

* Procedementos que interveñen na reproducción e na impresión de orixinais.

* Interpretación das propostas necesidades do cliente. Estratexias, modelos e solucións ante un posible encargo.

* Análise do destino final das imaxes.

* Xestión de permisos relacionados co proxecto.

* O orzamento.

* Organización de equipos. Elaboración dun calendario de traballo.

* Realización das ilustracións necesarias para o proxecto.

* Realización da memoria explicativa.

* Presentación e exposición do traballo ante o cliente.

* Ilustración editorial: realizacións para describir ou complementar por medio de imaxes gráficas un contido escrito (libros, periódicos, revistas, folletos, catálogos, carteis, etc.).

* Realización de ilustracións para revistas especializadas en temas determinados: cómic, deportes, ciencia ficción, numismática, cine, moda, etc.

* Ilustración publicitaria: realización conceptual da idea co fin de transmitir unha mensaxe gráfica correcta como centro de interese persuasivo (campañas publicitarias, valados, marquesiñas, folletos, anuncios en prensa, portadas de discos, etc.).

* lustración técnica: ciencia, medicina, arquitectura, deseño industrial, etc.

* Ilustración para a información: organigramas e diagramas.

* Utilización da terminoloxía, coñecementos e conceptos propios da materia.

* Realización de exercicios prácticos que sirvan para aplica-los coñecementos manipulando correctamente o material técnico.

* Realización de traballos prácticos nos que se apliquen as técnicas en función da intención artística e estética.

* Utilizar correctamente os materiais, no seu uso xeral e como recurso expresivo.

* Crítica, seguimento e análise da obra de profesionais de prestixio no campo da ilustración no pasado e na actualidade.

* Realización de proxectos concretos que sirvan para afondar nos temas propostos en ilustración editorial, publicitaria, técnica e informativa.

* Interese por conseguir novas solucións gráficas e pola calidade dos resultados.

* Procura de información e de formulacións novas.

* Valoración da importancia das novas técnicas no campo técnico-artístico-plástico.

* Cooperar na realización dos traballos en equipo como membros responsables.

* Responsabilidade nas diferentes fases de realización do proxecto: planificación, organización, execución e presentación.

Criterios de avaliación

* Aplicar correcta e idoneamente os recursos para a realización do proceso no que está involucrado.

* Explica-los coñecementos técnicos, os procesos e a metodoloxía xurdida a través da realización de propostas prácticas.

* Adecua-las solucións ós condicionantes dados.

* Amosar versatilidade técnica e/ou conceptual, así como todo aquilo que desborde a rutina do encargo: a intuición e a creatividade.

* Utiliza-los materiais e as técnicas máis adecuadas para cada caso.

* Presenta-los proxectos con limpeza e profesionalidade, con adecuación ós prazos de entrega.

* Procurar información e documentación.

* Argumentar e defende-las súas propias ideas.

* Integrarse nun grupo de traballo multidisciplinar.

3.2.11. Módulo 11: fotografía:

Capacidades terminais

* Manexa-las distintas técnicas fotográficas manexando correctamente os materiais habituais no proceso fotográfico.

* Descubri-los instrumentos e os medios utilizados.

* Describi-los conceptos de composición, equilibrio, textura, luz, profundidade e encadre.

* Utiliza-la terminoloxía específica do medio fotográfico.

* Analiza-la fotografía e as súas posibilidades como medio altamente icónico.

* Utiliza-las propias tomas como orixe para traballos de ilustración.

* Identifica-las partes máis relevantes da cámara fotográfica.

* Selecciona-los medios técnicos necesarios para a obtención de óptimos resultados.

* Organizar e planifica-los medios necesarios que interveñen en cada proceso concreto da elaboración de imaxes.

* Aplica-los procedementos e as posibilidades que os medios proporcionan, na realización de fotografía publicitaria de obxectos.

* Describir datos técnicos relacionados co material sensible, material de toma, iluminación, procesado, positivado e acabado das copias, relacionados coa práctica proposta.

Contidos

* O proceso fotográfico.

* A cámara escura.

* A cámara fotográfica e os seus elementos.

* O obxectivo: distancia focal, profundidade de campo e perspectiva.

* O obturador: a escala de velocidades e o seu uso.

* O diafragma: luminosidade e escala de número «f».

* Profundidade de campo. Lei de reciprocidade.

* A medición da luz. Uso do fotómetro.

* O material sensible en branco e negro: clasificación e características esenciais.

* O revelado en branco e negro. Os productos químicos. Os procesos e técnicas especiais.

* Positivado en branco e negro. A ampliadora: tipos e manexo. O papel de ampliación.

* A iluminación artificial. A fotografía de estudio.

* Técnicas de positivado. As manipulacións creativas (queimados, solarizacións, tramados, virados coloreados, fotomontaxes, collages, posterizacións, etc.).

* Técnicas específicas. Os procesos artesanais. O sistema «polaroid».

* A fotografía en cor: o material sensible, concepto de temperatura de cor. O positivado en cor. As correccións de cor.

* Técnicas creativas con material en cor.

* Técnicas mixtas. Electrografía e fotografía dixital.

* Retoque e manipulación de fotografías dixitais.

* A fotocopiadora en cor.

* Aplicación correcta dos medios técnicos necesarios para a realización de diferentes fotografías.

* Diferenciación entre diafragma e obturador, e a súa utilización nas diferentes necesidades da práctica.

* Utilización correcta da profundidade campo.

* Presentación, con medios audiovisuais, da información relativa ós medios que se utilicen, co fin de facilita-la aprendizaxe relativa ás diferentes cámaras de fotografía.

* Manexo dunha cámara réflex de 35 milímetros e medio formato.

* Revelado de negativos e positivado en branco e negro.

* Manipulación de cada un dos medios técnicos necesarios para a correcta elaboración da fotografía.

* Identificación e manipulación dunha cámara técnica.

* Elección e control da iluminación, e medición da luz incidente e reflectida.

* Utilización de medios informáticos para o tratamento de imaxes.

* Consciencia da realidade profesional e da necesidade de aprende-los aspectos técnicos do medio.

* Responsabilidade no uso do material fotográfico.

* Valoración da importancia das novas técnicas no campo técnico-artístico e plástico.

* Autoesixencia no cumprimento dos prazos previstos.

Criterios de avaliación

* Conseguir resultados óptimos tanto técnicos como estéticos.

* Utilizar correctamente os coñecementos materiais e técnicas propios da materia.

* Utilizar correctamente a terminoloxía técnica xeral aplicada á fotografía.

* Achegar creatividade ós seus traballos.

* Mostrar destreza perceptiva.

* Distingui-las calidades expresivas dunha obra.

* Analizar criticamente os distintos valores ou defectos fotográficos, xa sexan estéticos ou xa técnicos.

* Expresar correctamente situacións extraídas da súa propia experiencia.

3.2.12. Módulo 12: formación e orientación laboral.

Capacidades terminais

* Describi-lo marco legal do traballo interpretando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Establecer no ámbito laboral as medidas de protección e de prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes. Determina-las medidas sanitarias básicas e inmediatas en caso de accidente.

* Identifica-las formas e os procedementos de inserción, permanencia e promoción na realidade laboral como traballador por conta propia e por conta allea, así como localiza-las axudas que prestan as institucións e organismos, autonómicos, estatais e comunitarios á inserción laboral.

* Adquiri-las habilidades necesarias para o fomento de iniciativas dirixidas ó traballo en grupo.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica galega e española para poder coñece-la situación actual e as perspectivas do sector a nivel autonómico, estatal e comunitario.

* Explica-la organización e a xestión dunha pequena ou mediana empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Desenvolver actitudes de participación e colaboración que favorezan o logro dos obxectivos da empresa.

* Describi-los instrumentos xurídicos, empresariais e profesionais propios da especialidade co obxecto de coñece-los dereitos e asumi-las obrigas que se derivan do labor profesional.

* Descubri-la realidade sociolaboral, cultural e técnica, desde a experiencia dos profesionais, co obxecto de adquiri-los coñecementos complementarios necesarios para a práctica da profesión.

Contidos

Comúns:

* O marco xurídico das relacións laborais: Estatuto dos traballadores e regulamentación específica do sector.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade, tanto para a empresa como para os traballadores

* Condicións de traballo e de seguridade. Medidas de prevención e protección. Primeiros auxilios.

* O proceso de procura de emprego. O traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Organismos e institucións autonómicos, estatais e comunitarios, que prestan asesoramento á inserción laboral. Axudas económicas á iniciativa empresarial.

* Conceptos básicos de economía e mercadotecnia.

* Iniciativas para o traballo por conta propia: o plan de empresa, plan de viabilidade, tipos de empresas, constitución dunha empresa, etc.

* A empresa: o seu funcionamento económico. Obtención de recursos. Organización da producción e comercialización dos seus productos. Interpretación do estado das contas anuais. Obrigas xurídicas e fiscais.

Dereito específico:

* Protección ó deseño: propiedade intelectual. Rexistro da propiedade intelectual. Entidades de xestión. A propiedade industrial. Os modelos e debuxos industriais e artísticos. Rexistro e procedemento rexistral.

* A protección internacional das innovacións.

* Os signos distintivos: marca, rótulo e nome comercial.

* Información sobre normas técnicas. Centros e asociacións de investigación e desenvolvemento da industria.

Criterios de avaliación

* Verifica-la asimilación dos conceptos fundamentais que se inclúen nos bloques temáticos.

* Contrasta-lo interese pola materia.

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Conseguir actitudes axeitadas que faciliten a inserción, a permanencia e a promoción no mundo do traballo.

* Actitude emprendedora e creativa ante as propias necesidades e aspiracións.

* Verifica-la utilización correcta dunha terminoloxía específica en torno ós contidos económicos, laborais, de mercadotecnia, xurídicos ou empresariais.

* Valoración razoada da normativa específica pola que se rexe este campo profesional.

3.3. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres:

Os seus obxectivos serán:

* Asumi-la realidade profesional para completa-la formación académica, realizando un cometido laboral de responsabilidade acorde co seu nivel.

* Tomar contacto co mundo do traballo e co seu sistema de relacións sociais, laborais e técnicas.

* Contrasta-los coñecementos adquiridos no centro educativo coa realidade empresarial e laboral.

* Adquirir coñecementos complementarios útiles para a práctica profesional, tanto sobre a organización e a coordinación do traballo, propio da especialidade, como sobre a situación e as relacións do mercado laboral.

* Adquiri-los coñecementos técnicos sobre útiles, ferramentas, aparellos e máquinas que, pola súa especialización, custo ou novidade, non están ó alcance do centro educativo.

* Participar de forma activa nas fases do proceso productivo, baixo a titoría ou a dirección correspondente.

* Aplica-los coñecementos e as habilidades que se adquiriron na formación teórica e práctica do alumno nos centros docentes.

* Integrarse no mundo laboral e no sistema técnico-social da empresa.

3.4. Proxecto final:

O proxecto final ten como obxectivo comprobar que o alumnado asimilou e ten a capacidade de integrar, sincretizar e aplica-los coñecementos teórico-prácticos e artísticos das ensinanzas cursadas no centro e, en consecuencia, de desempeña-la actividade profesional no campo desta especialidade e nivel cursados.

Nesta familia profesional o proxecto consistirá na concepción e creación dun ou de varios productos pertencentes ó campo do deseño gráfico de que trate este ciclo formativo, xa sexa como peza illada ou xa como conxunto.

O proxecto final terá o seguinte contido:

* Información e comunicación.

-Estudio histórico-artístico, que sitúe a obra obxecto do proxecto no contexto da ilustración, relacionándoa coas produccións artísticas e publicitarias contemporáneas e cos antecedentes estéticos e comunicativos, analizando de forma clara e precisa as técnicas empregadas nela para a súa confección e destacando as achegas ou peculiaridades que ofrece o traballo.

-Memoria, onde se realizará unha análise dos procesos e das fases de realización da peza, así como, polo menos, dos seguintes aspectos:

-Aspectos de comunicación.

-Aspectos estéticos.

-Aspectos técnicos: materiais, procesos, tarefas e tempos necesarios para a realización do proxecto final e especificacións para o control de calidade.

-Aspectos económicos: cálculo dos custos necesarios para a súa realización e rendibilidade e óptimo aproveitamento dos medios.

-Testemuña gráfica das diversas etapas do traballo conducentes á realización do producto final: selección e catalogación de bosquexos e as maquetas coas correspondentes táboas de información técnica e especificacións, aplicacións informáticas utilizadas, marcado e tratamento de texto e imaxes, corrección de probas, especificacións para o control de calidade, presentación dos productos finais para impresión; así como, de se-lo caso, propostas de catálogos, montaxe e organización dunha exposición dos proxectos.

* Realización: realización da obra gráfica a que se refire o proxecto, artes finais e producción dunha serie limitada, en función da entidade do proxecto e das especificacións do tribunal.

-Representación gráfica: planos, detalles, instalacións. Incluirá unha memoria gráfica das diversas etapas da realización.

-Estudio económico: medicións e orzamentos.

-Programación e planificación da obra.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Admisión do alumnado:

4.1.1. Acceso con requisitos académicos:

Para acceder ó ciclo formativo de grao superior ó que se refire o presente decreto, será preciso estar en posesión do título de bacharelato ou ter superados os estudios equivalentes a aquel título, segundo o establecido nos anexos I e II do Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, polo que se aproba o calendario de aplicación do novo sistema educativo, modificado polo Real decreto 173/1998, do 16 de febreiro, e superar unha proba de acceso «específica».

4.1.2. Exencións da proba de acceso específica:

Estarán exentos de realiza-la proba de acceso prevista no artigo 6º do presente decreto:

* Aqueles aspirantes que tivesen cursado, no bacharelato de artes, a materia de fundamentos do deseño, imaxe e debuxo artístico.

* Aqueles aspirantes que tivesen superados os estudios experimentais de bacharelato artístico definido na Orde do 21 de outubro de 1986 (BOE do 6 de novembro).

* Aqueles aspirantes que estivesen en posesión do título de graduado en artes aplicadas en especialidades do ámbito de deseño gráfico.

* Aqueles aspirantes que estiveran en posesión do título de técnico superior correspondente a outro ciclo formativo da mesma familia profesional.

4.1.3. Acceso sen requisitos académicos:

Non obstante o disposto nos epígrafes anteriores, será posible acceder ó ciclo formativo establecido no presente decreto sen estar en posesión do título de bacharelato, sempre que o aspirante teña cumpridos os vinte anos de idade e supere unha proba na que demostre tanto madureza intelectual, acreditada a través do dominio das capacidades lingüísticas, de razoamento e de coñecementos fundamentais da etapa educativa anterior relacionados coa ensinanza á que aspira, como as habilidades específicas necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

A dita proba será regulada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4.2. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres:

A fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, poderá consistir tanto na realización de prácticas en entidades de titularidade pública ou privada como en traballos profesionais academicamente dirixidos e integrados no currículo, así como

aqueles efectuados no marco de programas de intercambio dentro do Estado ou de carácter internacional.

A fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres realizarase unha vez superada a totalidade dos módulos. Excepcionalmente, o equipo docente do ciclo poderá autoriza-la súa realización simultánea coas actividades de recuperación a aqueles alumnos ou alumnas que teñan un máximo de dous módulos sen superar, sempre que quede garantido que non se produce mingua na capacidade das tarefas de recuperación.

A avaliación faraa o profesor titor do centro educativo e nela colaborará a persoa responsable de formación do alumnado designada polo centro de traballo no período de estancia nel. A cualificación final estará expresada en termos de apto ou non apto. Será realizada polo titor do ciclo.

4.3. Proxecto final:

4.3.1. Fases de entrega e avaliación:

* Anteproxecto. Unha vez aprobados os módulos e a fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, o alumno presentará un proxecto da súa especialidade, dirixido por un profesor titor, ante un tribunal avaliador. O anteproxecto deberá reflectir a grandes trazos o contido do proxecto que se vaia realizar.

* Aceptación. Para a aceptación do anteproxecto, o tribunal avaliador terá en conta os seguintes aspectos:

-O seu interese global, tendo en conta a proposta estética, a orixinalidade da formulación e a súa adecuación á demanda real do producto de que se trate.

-A posibilidade de realización efectiva do proxecto, nos prazos establecidos e tendo en conta os medios e as instalacións con que se conta.

No suposto de non aceptación, o tribunal ofertaralle unha proposta alternativa ó alumno.

* Inscrición. Formalizarase unha vez aceptado o anteproxecto.

* Elaboración e prazo de execución. O proceso de realización do proxecto desenvolverase dentro do último trimestre do curso en que se superasen os módulos do ciclo formativo.

* Avaliación. O proxecto avaliarase globalmente. Cualificarase entre 0 e 10 puntos. Para a avaliación positiva requírese unha cualificación igual ou superior a cinco.

O número máximo de convocatorias para a superación do proxecto final é de dúas. No suposto en que se dea algunha circunstancia que impida o normal desenvolvemento do proxecto, a dirección do centro, con carácter excepcional, poderá autorizar unha convocatoria extraordinaria.

Os tribunais considerarán na avaliación dos proxectos a súa capacidade ou interese pedagóxico para servir como pauta ou referencia ós demais alumnos e alumnas. Para tal efecto, incluirán no seu calendario de actividades a organización de exposicións de proxectos finais.

4.3.2. Titoría e tribunal avaliador:

A titoría do proxecto final correrá a cargo do titor do ciclo formativo ou dun membro do equipo docente. Neste último caso actuará como relator o titor.

A aceptación da proposta do proxecto final e a súa avaliación, así como a determinación específica dos prazos, procesos e pautas para a realización, entrega e avaliación dos proxectos corresponderá a un tribunal integrado por:

Presidente: o director do centro ou o profesor en quen delegue.

Secretario: o secretario do centro, que actuará con voz pero sen voto, levantando acta das sesións e encargándose de facilitar e coordina-la utilización dos medios, que, se é o caso, o centro poña ó dispor dos alumnos para a realización dos proxectos, no período establecido para a súa execución.

Vocais: polo menos tres, nomeados polo director, dos que dous membros serán profesores do ciclo. O director poderá designar ademais un profesional de recoñecido prestixio no campo correspondente ó ciclo formativo e alleo ó centro educativo.

4.4. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de ilustración:

Os funcionarios do corpo de profesores de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño impartirán, con carácter preferente, os módulos deste ciclo, de conformidade coa atribución de módulos a especialidades que figura na columna (A) do presente anexo.

Non obstante, co fin de lograr unha mellora no aproveitamento dos recursos dispoñibles no centro, na organización deste, os devanditos módulos poderán ser impartidos por funcionarios e funcionarias doutras especialidades, de conformidade co que figura na columna (B), sen que iso derive efectos na adscrición de especialidade.

MódulosEspecialidade do profesorado

(A)(B)

1Deseño gráfico asistido por orde-Corpo: mestre de taller de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño

nadorEspecialidadeEspecialidades:
-Deseño gráfico asistido por ordenador-Deseño asistido por ordenador
-Técnicas de deseño gráfico
-Técnicas gráficas industriais

2Técnicas gráficas industriaisCorpo: mestres de taller de artes plásticas e deseño.Corpo: mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Especialidades:Especialidades:
-Fotogravado.-Calcografía e xilografía.
-Fotogravado e tipografía.-Gravado.
-Fotomecánica.-Heliogravado.
-Tipografía.-Estampación calcográfica.
-Reproducción e impresión.-Litografía.
-Litografía e fotogravado.
-Serigrafía.

MódulosEspecialidade do profesorado

(A)(B)

3Formación e orientación labo-Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

ralEspecialidades:
-Dereito usual.
-Organización industrial.

4Debuxo artísticoCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:Especialidades:
-Debuxo artístico.-Proxectos de arte decorativa.
-Colorido e procedementos pictóricos.-Teoría e práctica do deseño.
-Composición decorativa, pintura e escultura relixiosa.-Deseño de figurinos.
-Decoración sobre pastas cerámicas.-Corte e confección.
-Análise de forma e cor.
-Procedementos pictóricos.
-Técnicas de colorido aplicado á cerámica.
-Debuxo publicitario.
-Composición ornamental.
-Estilización artística e colorido.
-Decoración elemental cerámica.

5Técnicas de ilustraciónCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:
-Debuxo artístico
-Colorido e procedementos pictóricos
-Composición decorativa, pintura e escultura relixiosa
-Decoración sobre pastas cerámicas
-Análise de forma e cor
-Procedementos pictóricos
-Técnicas de colorido aplicado á cerámica
-Debuxo publicitario
-Composición ornamental
-Estilización artística e colorido
-Decoración elemental cerámica
-Técnicas de deseño gráfico
-Técnicas gráficas industriais

6Técnicas gráficas tradicionaisCorpo: mestres de taller de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:Especialidades:
-Litografía.-Procedementos de ilustración do libro.
-Litografía e fotogravado.-Litografía.
-Serigrafía.-Serigrafía.
-Calcografía e xilografía.-Estampación calcográfica.
-Gravado.-Gravado.
-Heliogravado.-Heliogravado.
-Estampación calcográfica.

7FotografíaCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:Especialidade:
-Fotografía artística.-Técnicas audiovisuais.
-Teoría e práctica da fotografía.
-Fotografía.
-Fotografía aplicada á restauración.

8Historia da imaxe gráficaCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:Especialidades:
-Cultura xeral cerámica.-Técnicas de deseño gráfico.
-Historia da arte.-Técnicas gráficas industriais.
-Historia da arte e da cerámica.
-Historia e técnicas do libro.

9Teoría da imaxeCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:Especialidades:
-Fotografía artística.-Cultura xeral cerámica.
-Teoría e práctica da fotografía.-Historia da arte.
-Fotografía.-Historia da arte e da cerámica.
-Fotografía aplicada á restauración.-Historia e técnicas do libro.
-Técnicas audiovisuais.-Proxectos de arte decorativa.

MódulosEspecialidade do profesorado

(A)(B)

-Técnicas de deseño gráfico.-Teoría e práctica do deseño.
-Técnicas gráficas industriais.-Procedementos de ilustración do libro.
-Litografía.
-Serigrafía.
-Estampación calcográfica.
-Gravado.
-Heliogravado.

10Sistemas de representaciónCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.

espacialEspecialidade:
-Debuxo lineal.

11Teoría e práctica da animación deCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

imaxesEspecialidade:Especialidades:
-Técnicas audiovisuais.-Técnicas de deseño gráfico.
-Técnicas gráficas industriais.
-Deseño asistido por ordenador.

12Proxectos de ilustraciónCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidade:
-Debuxo artístico.
-Colorido e procedementos pictóricos.
-Composición decorativa, pintura e escultura relixiosa.
-Decoración sobre pastas cerámicas.
-Análise de forma e cor.
-Procedementos pictóricos.
-Técnicas de colorido aplicado á cerámica.
-Debuxo publicitario.
-Composición ornamental.
-Estilización artística e colorido.
-Decoración elemental cerámica.
-Técnicas de deseño gráfico.
-Técnicas gráficas industriais.
-Proxectos de arte decorativa.
-Teoría e práctica do deseño.

4.5. Espacios e instalacións:

As condicións de espacio e instalacións que deben reuni-los centros educativos son as que fixa o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas artísticas.

Para os efectos do disposto no artigo 40.1 parágrafos k), l) e m), do real decreto anteriormente citado, os módulos do presente ciclo formativo clasifícanse nos seguintes apartados:

* Teóricos:

-Teoría da imaxe.

-Historia da imaxe gráfica.

-Formación e orientación laboral.

* Teórico-prácticos:

-Debuxo artístico.

-Técnicas de ilustración.

-Sistemas de representación espacial.

-Técnicas gráficas industriais.

-Teoría e práctica da animación de imaxes.

-Proxectos de ilustración.

* Talleres específicos:

-Técnicas gráficas tradicionais.

-Fotografía.

-Deseño gráfico asistido por ordenador.

Espacio formativoSuperficieGrao de utilización

Aula teórica45 m20%

Aula teórico-práctica80 m60%

Aula de informática30 m10%

Taller de técnicas gráficas tradicionais60 m5%

Taller de fotografía60 m10%

4.6. Relación numérica profesor/alumno:

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica entre profesor e alumno non superior a 1/15 nos seguintes módulos: deseño gráfico asistido por ordenador, técnicas de ilustración, técnicas gráficas tradicionais, proxectos de ilustración, fotografía, e teoría e práctica da animación de imaxes. Ó resto dos módulos aplicaráselle a ratio máxima 1/30.

En función da dispoñibilidade de cada centro e sempre que sexa posible, tenderase a aplica-la relación 1/15 nos módulos impartidos nas aulas teórico-prácticas.

4.7. Correspondencias:

Poderán ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral os seguintes módulos:

* Técnicas gráficas industriais.

* Técnicas gráficas tradicionais.

* Deseño gráfico asistido por ordenador.

* Formación e orientación laboral.

* Teoría e práctica da animación de imaxes.

Así mesmo, poderá quedar total ou parcialmente exento da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, quen acredite experiencia laboral no campo profesional directamente relacionado con este ciclo formativo.

4.8. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

65Teoría da imaxe

220Debuxo artístico

220Técnicas de ilustración

130Técnicas gráficas tradicionais

130Sistemas de representación espacial

130Deseño gráfico asistido por ordenador

65Horas de libre disposición

960Total

Horas totaisDenominación dos módulos

4º, 5º e 6º trimestre

110Debuxo artístico

110Historia da imaxe gráfica

65Técnicas gráficas industriais

65Teoría e práctica da animación de imaxes

195Proxectos de ilustración

90Fotografía

65Formación e orientación laboral

700Total

185Proxecto final

105Formación práctica en empresas, estudios ou talleres

290Total