Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.154

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de marzo de 2002 pola que se resolve a convocatoria, polo sistema de libre designación, dun posto vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, como consecuencia da execución da sentencia 1221/2001, do 24 de outubro, dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso contencioso-administrativo 993/1998.

Dictada a Orde do 21 de marzo de 2002 pola que se dispón a execución da sentencia 1221/2001, do 24 de outubro de 2001, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso contencioso-administrativo 993/1998, contra a Orde do 23 de abril de 1998 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se resolve a convocatoria por libre designación do posto de traballo de xefe do Servicio de Proxectos e Construccións, dependente da secretaría xeral, e unha vez cumprida a orde de retroacción do expediente ó momento procedemental que na sentencia se determina.

Esta consellería no uso das facultades e atribucións conferidas polos artigos 15.4º e 27.2º da Lei da función pública de Galicia, e de conformidade cos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle a Domiro Arturo Sousa Bao, facultativo de grao medio (arquitecto técnico), grupo B, con número de rexistro de persoal 35.991.899.68.A2073, o posto de traballo de xefe do Servicio de Proxectos e Construccións, código ED.C02.00.002.15770.006, nivel 28, dependente da secretaría xeral en Santiago de Compostela.

Segundo.-A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A Xefatura de Persoal do centro onde cause alta o funcionario realizará, dentro dos prazos sinalados nos epígrafes anteriores, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.

Das dilixencias efectuadas darase traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA