Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.155

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (472/2000).

Gonzalo Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, certifica que nos autos de cognición 472/2000, se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia.

En nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2002.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade, dictou esta resolución no procedemento civil de cognición seguido ante este xulgado co número 472/2000, no que actuaron como partes, como demandante AGEDI, representado pola procuradora dos tribunais Soledad Sánchez Silva e asistido pola letrada Rosa Elvira Fuentes Macía e, como denunciado José María Maceiras Santos e Outro S.C., declarado en rebeldía procesual.

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por AGEDI, representado pola procuradora dos tribunais Soledad Sánchez Silva e asistido da letrada Rosa Elvira Fuentes Macía e, como demandados, José María Maceiras Santos e Outro S.C., declarada en rebeldía procesual, condenándoa a lle pagar ó demandante a cantidade de 258.290 pesetas e as cantidades que se demostren en execución de sentencia a partir de outubro de 2000, sempre que se demostre a utilización do repertorio autorizado no local.

As custas procesuais impóñenselle á demandada.

Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación para ante a audiencia provincial, no prazo de 5 días desde a notificación.

Notifíqueselle á rebelde nalgunha das formas previstas legalmente.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que conste e lle sirva de notificación a José María Maceiras Santos e Outro S.C., expido, selo e asino este edicto en Santiago de Compostela o 4 de febreiro de 2002.

Rubricado