Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx. 4.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 26 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a autorización como recurso da sección B das balsas de lodos na concesión Chon, 4204.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Satilen Rus, S.L. con domicilio na rúa República Argentina, nº 1 entresollado, Ponferrada (León), presentou nesta delegación provincial o día 24 de agosto de 2000, a solicitude de autorización como recurso da sección B, para aproveitamento de lodos da antiga mina de ferro Chon 4204, que se sitúa na parroquia de Lanzós, concello de Vilalba, Lugo.

O que se fai público co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de trinta días, de conformidade co establecido no artigo 48.2º do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 26 de decembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo