Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. C.T.C.S. San Isidoro, 18.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm de Al, de 55 m de lonxitude, con orixe e final na L.M.T.S. San Luis, na rúa Maravillas, unha vez que entre e saia do C.T. rúa San Isidoro, 15, que se vai instalar. Centro de transformación, en soto baixo rampa garaxe do edificio de vivendas, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en rúa San Isidoro, 15. Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria
e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 15 de febreiro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña