Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx. 4.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 8 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude do permiso de investigación 6017.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Erimsa, con domicilio en Juana de Vega, 2-6ª planta, 15003 A Coruña, presentou nesta delegación provincial o día 1 de decembro de 2000 instancia-solicitude do permiso de investigación Fabas, de 32 cuadrículas mineiras para recursos de cuarzo e sección C, que se sitúa no concello de Vilalba, da provincia de Lugo, á que lle correspondeu o número 6017 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º 36' 00''43º 21' 20''

2-7º 33' 20''43º 21' 20''

3-7º 33' 20''43º 20' 00''

4-7º 36' 00''43º 20' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público a fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 8 de xaneiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo