Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx. 4.067

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo da empresa Cafetería do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (concesionaria Serunión, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo da empresa Cafetería do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (concesio

naria Serunión, S.A.), que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 18-2-2002, subscrito en representación da parte económica por Serunión, S.A. e da parte social polo delegado de persoal o día 4-2-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de Traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de febreiro de 2002

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo do persoal da Cafetería do Complexo Hospitalario Juan Canalejo

Asistentes:

Pola parte empresarial: Roberto Casal Ferreira.

Pola parte social: José Manuel Álvarez Rodríguez, José Ramón Grela (asesor-CC.OO.).

Na Coruña o 4 de febreiro de 2002, sendo as 11 horas, nos locais da empresa reúnense, dunha parte a representación empresarial de Serunión, S.A., concesionaria da Cafetería do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, e doutra, a representación social indicada á marxe. Os reunidos constatan os seguintes extremos:

Primeiro.-Establece o artigo 5 do convenio colectivo do persoal da Cafetería do Complexo Hospitalario Juan Canalejo que, ó cumpri-la data do seu vencemento, o convenio prorrógase tacitamente de ano en ano, de non mediar denuncia por calquera das partes contratantes cun mes, como mínimo, de antelación á data da súa expiración. De prorrogarse pola tácita, tódolos conceptos económicos incrementaranse no IPC (índice de prezos ó consumo) establecido polo INE (Instituto Nacional de Estatística).

Segundo.-Ó non facer uso antes de decembro de 2001 (nin a parte empresarial nin a social) da denuncia prevista no artigo 5º deste convenio, débese prorrogar pola tácita e tódolos conceptos económicos incrementaranse no IPC establecido polo INE.

Terceiro.-Que o IPC constatado e o publicado polo INE polo período compredido desde o 1 de xaneiro de 2001 ó establecido o 31 de decembro de 2001 é do 2,7%.

Cuarto.-Que as táboas sobre as que hai que aplica-lo incremento do 2,7% son as do 2001 (anexo), as cales se atopan publicadas no DOG do 29 de maio de 2001.

En relación con todo o anterior, as partes acordan:

I. Incrementar as táboas salariais do 2001 cun 2,7%. Estas táboas son as que figuran no anexo desta acta.

II. A contía da compensación establecida no artigo 24 do convenio pasará a ser no ano 2001 de 6,79 euros (1.130 ptas.).

III. Autorizar a José Ramón Grela para que proceda a presentar esta acta e o seu anexo ante a autoridade laboral para proceder ós trámites de rexistro, depósito e publicación.

Sen máis asuntos que tratar, asínase esta acta de conformidade no lugar e data sinalados no encabezamento.

ANEXO

Táboas salariais 2002 (euros)

CategoríasSalario

base

Compl. cant.

trab. mes

Compl.

transp. mes

Total mens.Total anual

Xerente834,3671.7143,14949,2113.893,60

Oficial admin.714,0871,7143,14828,9312.089,40

Encargado/a714,0871,7143,14828,9312.089,40

Cociñeiro/a714,0871,7143,14828,9312.089,40

Camareiro/a714,0871,7143,14828,9312.089,40

Auxiliar caixa714,0871,7143,14828,9312.089,40

Axudante688,3871,7143,14803,2311.703,90

Fregador/a688,3871,7143,14803,2311.703,90

Táboas salariais 2002 (pesetas)

CategoríasSalario

base

Compl. cant.

trab. mes

Compl.

transp. mes

Total mens.Total anual

Xerente138.82511.9317.178157.9342.311.683

Oficial admin.118.81311.9317.178137.9222.011.503

Encargado/a118.81311.9317.178137.9222.011.503

Cociñeiro/a118.81311.9317.178137.9222.011.503

Camareiro/a118.81311.9317.178137.9222.011.503

Auxiliar caixa118.81311.9317.178137.9222.011.503

Axudante114.53711.9317.178133.6461.947.363

Fregador/a114.53711.9317.178133.6461.947.363