Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 4.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2002 pola que se anuncia a licitación dun contrato de asistencia en materia informática.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas, en sesión que tivo lugar o día 14 de marzo deste ano, acordou dispo-la apertura do procedemento de adxudicación dun contrato de asistencia en materia informática, co detalle que a seguir se relaciona:

1. Entidade adxudicadora:

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: prestación do apoio técnico necesario para xestionar e asegura-lo correcto funcionamento da estructura e medios informáticos do Consello de Contas no que ó seu software se refire, segundo detalle recollido no prego de prescricións técnicas.

b) División por lotes: non.

c) Prazo de execución: doce meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 75.000 euros.

5. Garantías:

Provisional: 1.500 euros.

6. Obtención de documentación e información:

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, 29.

c) Localidade e CP: Santiago de Compostela. 15771.

d) Teléfono: 981 54 22 00.

e) Fax: 981 54 22 10.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos:

-Solvencia económica: a acreditarse por calquera dos medios previstos no artigo 16 da TRLCAP.

-Solvencia técnica ou profesional: medios previstos nas letras a) e b) do artigo 19 do TRLCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite: décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Documentación que hai que presentar: segundo detalle recollido no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da institución; rúa Ramón Piñeiro, número 29, en Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas:

No edificio sede do Consello de Contas, ás doce horas do décimo primeiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións ou primeiro día hábil seguinte de ser aquel sábado ou festivo.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2002.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior