Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 4.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se lle notifica proposta de expediente disciplinario a Ángeles Folgar Naya.

Por medio deste edicto notifícaselle a Ángeles Folgar Naya, do cadro de persoal do Centro de Asistencia e Educación Especial Santiago Apóstol, despois de telo intentado dúas veces sen efecto, a proposta emitida con data do 15 de xaneiro de 2002, que se atopa a súa disposición na Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4 (expedientes sancionadores), para que a expedientada poida, no prazo de dez días, exerce-lo seu dereito de vista e presente as alegacións que considere pertinentes na súa defensa.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º

da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 1 de marzo de 2002.

P.A.

Susana Wonenburger Castro

Instructora