Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 4.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTROVERDE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Castroverde.

2. Obxecto e caractarísticas do contrato:

a) Obxecto: iluminación pública en núcleos das parroquias de Espasande, Monte, Páramo, Pena e Recesende.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento base de licitación: 138.390,93 euros.

d) Garantía provisional: 2.767,82 euros.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de contrata.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información:

Concello de Castroverde; praza do Concello, 2, CP 27120 Castroverde (Lugo). Teléfono 982 31 20 80. Fax 982 31 30 11.

5. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se exise.

Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido no prego de condicións.

6. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no DOG, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Concello de Castroverde. Praza do Concello, número 2.

7. Apertura de ofertas: levarase a cabo ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, no salón de sesións da Casa do Concello de Castroverde.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Castroverde, 18 de marzo de 2002.

Xosé María Arias Fernández

Alcalde